FP Innova 2024

VI Congreso de Innovación na Formación Profesional
Data: 
venres, 19 de abril de 2024
Lugar: 
Santiago de Compostela

O vindeiro 24 de abril terá lugar a xornada formativa do VI Congreso de Innovación na Formación Profesional, FP Innova 2024.
Este evento constitúe un referente da innovación didáctica e tecnolóxica, e da capacidade de emprender na que está inmersa a Formación Profesional de Galicia. Nesta edición analizarase a proliferación da intelixencia artificial, as tecnoloxías inmersivas, a automatización e a robótica na sociedade actual. Ademais, abordaranse as principais novidades no eido da Formación Profesional.

A xornada desenvolverase ao longo do mércores en horario de mañá e tarde no Auditorio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.

A inscrición está aberta en Fprofe co código Z2314005.

Arquivos adxuntos: