Encontro profesional sobre educación

Escola, comunidade e investigación
Data: 
venres, 10 de maio de 2024
Lugar: 
A Coruña

O próximo 10 de maio celébrase o primeiro Encontro Profesional sobre Educación impulsado pola Fundación María José Jove, co obxectivo de poñer en común prácticas que se levan a cabo na actualidade en museos e institucións culturais.

Durante a xornada de mañá realizaranse tres mesas redondas sobre escola, comunidade e investigación, e, pola tarde, unha serie de mesas de traballo que propoñen reflexionar colectivamente ao redor da profesión.

A entrada ao encontro, aberto a profesionais de museos, mediadores, educadores, investigadores e público interesado, é libre previa inscrición na web ata o 7 de maio.

 

Máis información