Achégase a ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o vindeiro curso 2024-2025 na que se recolle, entre outros detalles, que as actividades lectivas comezarán o día 11 de setembro de 2024 e rematarán o 20 de xuño de 2025.
Con motivo da conmemoración do 8M e relacionado coa temática de nosa PDI: "Un Eusebio de cinema", estivemos a traballar as profesións no cinema e a presenza das mulleres neste mundo.