Un ano máis celebramos esta festa no colexio, comendo castañas e pasando un rato xuntos/as cunhas cancións preparadas polo alumnado de infantil e primaria.
Temos o pracer de comunicarvos que, tras participar no concurso de “Poesía e Imaxe” convocado polo Concello, logramos un premio tanto en Educación Infantil de 3 e 4 anos coma en 3º de Educación Primaria.
A inauguración e entrega de premios será o luns 25 de abril no C.C. Carvalho Calero ás 19.30 h.
a este acto está invitado todo o alumnado que queira ir acompañado pola súa familia.