Skip to Content

 

   

ENDL

LETRAS GALEGAS 2020

ESTIMADAS FAMILIAS

 

 Este ano temos unhas Letras Galegas un pouco especiais,  a homenaxe ao noso paisano, o gran escritor Ferrolán Carvalho Calero pospúxose para o mes de outubro, pero nós imos pasalas confinados, o cal non é motivo para facer algo especial pola nosa lingua.

 

Dende o CEIP Esteiro acollémonos a unha iniciativa intercentros nas que propoñemos que nos quitemos as mascariñas e cantemos unha canción en Galego con toda a familia.

 

Gravade a canción VERDESCENTE de Uxía Lambona e banda molona, podedes facer un vídeo coa base musical que vos facilitamos (cortesía da propia banda), ou por riba da propia voz da cantante coa canción orixinal, podedes gravar a canción e facer unha montaxe con fotografías, acompañar con instrumentos ou calquera outra cousa que se vos ocorra. Botádelle imaxinación!!!!

 

Logo, cando a teñades lista podedes enviala ao noso correo do cole: ceip.esteiro@edu.xunta.gal, antes do 14 de maio de 2020, para darnos tempo a crear o enlace e compartilo con todos os nenos e nenas dos outros centros participantes.

 

ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!!!

E SOBRE TODO LEMBRADE QUE O GALEGO É UN TESOURO QUE TEMOS TODOS E TODAS!!!

OS MAIOS

QUERIDAS FAMILIAS

 

Festa dos Maios 2020

 

Dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e a través dunha iniciativa que parte do noso cole veciño o CEIP Manuel Masdías, 

queremos propoñervos  UNHA ACTIVIDADE DO MÁIS DIVERTIDA para ocupar o tempo nestres días de confinamento.

Consiste en recuperar un día tan divertido como é a celebración da festa dos Maios.

 

A actividade consiste en que elaboredes un maio mediante as técnicas e os materiais dos que dispoñades, para o primeiro domingo de maio, día 3, colocalos nunha ventá ou balcón das vosas vivendas, mantendo así unha tradición que celebramos no colexio dende hai anos e que tamén permite pasar tempo en familia.

 

Como xa sabedes, a festa consiste en realizar diversas representacións arredor dunha árbore ou

escultura, chamada maio, a partires de elementos vexetais, flores e froitas. Tradicionalmente, tamén se levaban polas rúas e se lle dedicaban bailes e cantigas. Para adaptalo á situación actual, podedes

realizalo mediante debuxos, teas que teñades por casa, materiais de refugallo, pintando nas ventas...

Calquera idea é boa, botádelle imaxinación!

Unha vez finalizado o voso maio, mandádenos unha foto e realizaremos un mural con todos os vosos traballos.

A finalidade é chegar ao maior número de fogares, baixo o lema:

 

Ferrol, de frores cuberto!!!!.

 

ANIMÁDEVOS !!!!!

 

 

Nos seguintes enlaces atoparedes tutoriais que os poden inspirar na elaboración dos vosos maios:

Flores en papel:  https://www.youtube.com/watch?v=mL5vUsvIcxc

https://www.youtube.com/watch?v=-xSEf4H69v4

Decorar as fiestras: https://www.youtube.com/watch?v=EFEFvgMfinc

Flores en tea: https://www.youtube.com/watch?v=iWoUuhvV0IY

https://www.youtube.com/watch?v=bCaFl_AbKBE

ENTROIDO 2020

 

 

Xa empezamos a decorar os corredores con información interesante sobre o entroido galego.

 

DÍA DA PAZ 2020

Este ano imos adicar o Día da Paz a unha figura que foi Premio Nobel da Paz no 2004

Wangari Maathai

     

 

 

Información:

Wikipedia

FESTIVAL DE NADAL 2019

Os nenos e nenas disfrutarán do festival o xoves 19 e as familias o 20 a partir das 12:15.

Esperámosvos.

MAGOSTO E SAMAÍN

Xa empezaron dende as distintas titorías a decorar as aulas de cara a celebración deste Samaín.

CALENDARIO 2019

Xa está listo o novo calendario de mesa para o vindeiro ano.
 

MAGOSTO E SAMAÍN

Un ano máis celebramos esta festa no colexio, comendo castañas e pasando un rato xuntos/as cunhas cancións preparadas polo alumnado de infantil e primaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut