Skip to Content

 

   

ENDL

ENTROIDO 2016

 

ORDE DE ACTUACIÓNS:

1. Educación Infantil "Os pequenos durmiñóns"
2. 1º e 2º de EP, "Son un velliño trouleiro"
3. 3º e 4º de EP, "Esta escola si que mola"
4. 5º e 6º de EP, "Ferrol quere traballar"

 

 

CORRELINGUA 2015

Hoxe participamos no Correlingua 2015 no Pazo da Cultura de Narón os grupos de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.

A verdade é que o pasamos en grande!!!!, grazas a Xurxo Souto e ao espectáculo de Paco Nogueiras 'Brinca Vai'

Grazas á organización polo evento. 

  

 

 

OBRAS DE TEATRO PARA AS LETRAS GALEGAS

O grupo de teatro TRIPITRAPE xa ten outra obra preparada para o vindeiro 14 de maio titulada O regalo da bruxa; obra que tamén representarán no teatro Jofre o 4 de xuño. 


Nesta ocasión tamén estarán acompañados dos nenos de terceiro de educación primaria, que tamén prepararon con moito interese unha nova obra para o colexio. 

 

XOSÉ F. FILGUEIRA VALVERDE

 Xosé Fernando Filgueira Valverde naceu en Pontevedra en 1906. Realizou estudos de Dereito, Filosofía e Letras (alcanzando o título de doutor) e Psicoloxía nas Universidades de Santiago de Compostela e Zaragoza. En 1923 formou parte do grupo de fundadores do Seminario de Estudos Galegos, onde dirixiu a sección de Historia da Literatura. Desde ese momento e até a súa morte, acontecida en Pontevedra en 1996, o erudito pontevedrés mantería unha gran actividade na promoción de iniciativas culturais.
     Filgueira Valverde iniciou o seu amplo labor docente en 1927 no Instituto de Ensino Medio de Pontevedra. En 1935 gañou unha cátedra no Instituto Balmes de Barcelona e posteriormente exerceu en Lugo e na cidade do Lérez, da que foi alcalde. Pola súa dedicación ao ensino recibiría o alcume do "vello profesor".
     Membro numerario da Real Academia Galega desde 1942 e correspondente das Reais Academias de Historia, de Lingua e de Belas Artes de San Fernando, en 1972 foi nomeado vocal do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Dirixiu ademais o Museo "Rosalía de Castro", o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos e o Museo de Pontevedra. No bienio 1982-83 exerceu o cargo de Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia.
     Na década de trinta foi colaborador habitualde El Pueblo Gallego e Logos, publicación esta última en que mantería unha sección de comentarios bibliográficos asinados co pseudónimo J. A. Para alén destes artigos, a súa obra literaria atinxe a narrativa, a poesía, o ensaio e o teatro. Así, na súa producción figuran o libro de relatos Os nenos (1925) e a semblanza O vigairo (1927); o texto teatral Agromar. Farsa pra rapaces (1936) —estreado en 1932—, de novo asinada por J. Acuña; as antoloxías Cancioneiriño de Compostela (1932) e Cancioneiriño novo de Compostela (1969), en que recolle composicións do medioevo e etapas posteriores que fan referencia á capital galega, ou o volume de prosas literarias Quintana viva (1971).
     Porén, a maior aportación de Filgueira Valverde constitúena os seus traballos no campo da investigación. Moitas destas prosas, espalladas pola imprensa diaria, foron recollidas polo autor nos nove volumes editados baixo o título xenérico de Adral entre os anos 1979 e 1996. As súas aportacións ao coñecemento da lírica medieval verían a luz en 1992 no libro Estudios sobre lírica medieval: traballos dispersos (1927-1987).
 

RECURSOS

Exposición gañadora do concurso de carteis

Pasa-palabra Día das Letras Galegas 2015: fiel á súa cita das Letras Galegas, o EDLG do CEIP A Ponte de Lugo proponnos un itinerario lúdico e entretido pola vida e a obra de Filgueira Valverde. Sodes quen de aceptar o reto?

 

 

 

Test de Filgueira Valverde: de novo unha proposta interactiva do CEIP A Ponte de Lugo. Con vinte preguntas poderás demostrar os teus coñecementos sobre a figura de Filgueira Valverde. Acada a máxima puntuación que poidas!

 

 

Filgueira Valverde: obra literaria: o blog Revolta da Freixa do IES de Teis ofrécenos unha ampla panorámica da obra de Filgueira, así como diferentes achegas que sobre el existen na rede.

 

 

 

 

Recursos didácticos do Seminario Galán: o Seminario Galán agasállanos cada curso cunha abondosa produción de recursos didácticos que teñen como eixe a figura homenaxeada o Día das Letras. Nesta ocasión, ademais doutros materiais, poñen á disposición da comunidade educativa unha exposición de carteis, un cuestionario sobre Filgueira Valverde e distintas actividades interactivas adaptadas ao alumnado de infantil e o primaria.

 

 

Letras Galegas 2015. Xosé Filgueira Valverde: no blog Mil primaveras máis do EDLG deste centro compostelán poderedes consultar unha guía didáctica sobre a traxectoria vital e profesional de Filgueira Valverde. A actividade compleméntase cunha serie de carteis alusivos á vida e á obra do intelectual pontevedrés a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas 2015.

 

 

LIM Xosé Filgueira Valverde: con este divertido LIM elaborado no CEIP Plurilingüe A Magdalena das Pontes, o alumnado non só poderá coñecer máis polo miúdo a figura de Filgueira Valverde senón que tamén poderá comprobar os coñecementos adquiridos sobre o autor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas.

 

 

 

Vida e obra de Xosé Fernando Filgueira Valverde. Letras galegas 2015: aproveitando o potencial que Issu posúe, o EDLG do CEIP A Ponte de Lugo crea unha publicación moi visual e coidada sobre Filgueira Valverde e o seu legado.

Fonte: Secretaría Xeral de Política Lingüística

EXPOSICIÓN DE CARICATURAS 'POLA CARA'

A exposición de caricaturas 'Pola Caraformou parte das actividades promovidas no ano 2014 pola Concellaría de Cultura do Concello de Fene para conmemorar o XXX Aniversario do Museo do Humor.
A mostra, producida polo Museo do Humor, está formada por 53 caricaturas, entre os personaxes caricaturizados salientan actores e actrices como Jack Nicholson, Laurence Fishbourne, Michel Constantin, Laurel & Hardy, Vincent Prize ou Judy Dench; deportistas como Neymar, Andrés Iniesta ou Michael Schumacher; políticos como Rajoy, Pablo Iglesias, Alberto Ruíz Gallardón, Obama, Fidel Castro ou José Mújica; escritores como Gabriel García Marquez, José Saramago ou Francisco Ayala; pintores como Pablo Picasso ou Frida Khalo; músicos como Mike Jagger, Jimi Hendrix, Billy Idol ou Freddy Mercury.

Aquí tedes unha pequena mostra das caricaturas que podedes ver...
  

 

 

O PEQUENO TRIPITRAPE

O pasado xoves 23 de abril o grupo de teatro O Pequeno Tripitrape volveu a ofrecernos unha nova sesión de teatro de calidade; grazas a todos/as por participar.

Distribuir contido


by Dr. Radut