COMEDOR ESCOLAR
INSTRUCIÓN 3/2020, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL DO 16 DE XUÑO, SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN INDIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2020-2021
A PRESENTE INSTRUCIÓN DÍTASE CON OBXECTO DE FIXAR PARA O CURSO 2020-2021 AS LIÑAS XERAIS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES XESTIONADOS DE XEITO INDIRECTO POLA CONSELLERÍA . PORÉN A SITUACIÓN XERAL PRODUCIDA COA PANDEMIA DO COVID-19 PODE SUPOÑER A IMPOSICIÓN DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN E SEGURIDADE IMPULSADAS POLA ADMINISTRACIÓN SANITARIA, QUE DETERMINEN A APROBACIÓN POLA CONSELLERÍA DUN PROTOCOLO ESPECÍFICO DE PROTECCIÓN E SEGURIDADE NA APERTURA XERAL DOS CENTROS DE ENSINO E A INCORPORACIÓN ÁS ACTIVIDADES LECTIVAS E COMPLEMENTARIAS DOS ESCOLARES GALEGOS PARA O CURSO 2020-2021.
ASÍ POIS, A PRESENTE INSTRUCIÓN PODE RESULTAR CONDICIONADA POLAS MEDIDAS QUE, EN MATERIA DE COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN INDIRECTA, ESTABLEZA, NO SEU CASO, O PROTOCOLO QUE DITE A CONSELLERÍA. DE RESULTAR REINTERPRETADAS OU MODIFICADAS DETERMINADAS DETERMINACIÓNS RECOLLIDAS NA PRESENTE INSTRUCIÓN, AS MESMAS SERÁN COMUNICADAS PUNTUALMENTE AOS CENTROS EDUCATIVOS CO SEU NOVO CONTIDO POLAS CANLES ESTABLECIDAS.
PRAZO ENTREGA SOLICITUDES
As solicitudes débense entregar na ADMINISTRACIÓN dende o 25 de xuño ata o VENRES 10 de XULLO.
ALUMNADO QUE XA ERA USUARIO DE COMEDOR NESTE CURSO
Únicamente cumprimentará a solicitude 1. SOLICITUDE ALUMNADO XA USUARIO DE COMEDOR ( ANTES DO DÍA 10 DE XULLO) e entregarase na administración do centro.
No mes de setembro (ANTES DO DÍA 7) xuntará a autodeclaración.
ALUMNADO QUE NON ERA USUARIO DE COMEDOR NESTE CURSO
As familias que soliciten comedor (nova incorporación AO COMEDOR ) deberán presentar no colexio (ATA 10 de xullo) a solicitude 2. SOLICITUDE ALUMNADO NOVO NO COMEDOR ESCOLAR xunto con toda a documentación pertinente atendendo aos seguintes criterios de preferencia:
1. Alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, certificadas polos servizos sociais ou municipais correspondentes.
2. Alumnado membro de familias numerosas, acreditado co correspondente título ou carné
3. Alumnado fillo de pais e nais, titores legais ou acolledores familiares, traballadores ambos os dous con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía, acreditada documentalmente de xeito alternativo, mediante a seguinte documentación: informe de vida laboral, expedido polo organismo laboral competente, ou certificado da Unidade de persoal á que pertenza o empregado público; certificación da empresa, xustificativa da duración de xornada e o horario de traballo;certificación xustificativa de alta no IAE, e unha declaración responsable, sobre a vixencia da actividade económica, e o horario que require a actividade, para o caso de traballadores por conta propia.
4. Outro alumnado do centro. Neste suposto inclúense aos escolarizados fóra da área de influencia que lles corresponde.
5. Certificado do PADRÓN MUNICIPAL no que figuran todos os membros da unidade familiar ( expedido no ano actual)
No mes de setembro (ANTES DO DÍA 7) xuntará a autodeclaración. 3. AUTODECLARACIÓN ( entregar en setembro)
IMPORTANTE PARA O CÁLCULO DA RENTA
Para o cálculo do importe a pagar en función dos ingresos ( renta), terase en conta a declaración ou declaracións correspondente ao 2019. Os cálculos poden fecer no seguinte enderezo:
https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp. ou realizando o seguinte cómputo:
casillas 435+460-595 dividido entre o número de membros da unidade familiar.
PRAZOS IMPORTANTES
SOLICITUDE: Ata 10 de xullo
LISTAS PROVISIONAIS: VENRES 10 de xullo
PRAZO DE RECLAMACIÓN: Ata venres 17 de xullo
LISTAS DEFINITIVAS: Primeira semana de setembro
AUTODECLARACIÓNS ( todo o alumnado)
As autodeclaracións (onde se especifica o importe que aboará cada alumno/a), debe entregarse ata o día 7 de setembro. Imprescindible telo entregado para poder acceder ao servizo de comedor escolar.
HORARIO DE ADMINISTRACIÓN:
DE 9:00h A 14:00h
Pódense descargar os impresos, clicando nos seguintes enlaces:
1. SOLICITUDE ALUMNADO XA USUARIO DE COMEDOR
2. SOLICITUDE ALUMNADO NOVO NO COMEDOR ESCOLAR
3. AUTODECLARACIÓN ( entregar en setembro)
ADMISIÓN ALUMNADO 2020-2021 LISTAS ADMITIDOS E ADMITIDAS
En cumprimento da lexislación:
-
DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
-
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
-
ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
COMUNÍCASE QUE :
A consulta das listaxes de alumnado admitido debe realizarse no centro (en horario de 9:00h a 14:00 no taboleiro no interior do centro) ou na aplicación admisionalumnado.
AS LISTAXES DEFINITIVAS PUBLICARANSE 0 19 DE XUÑO E A MATRÍCULA DEBE FORMALIZARSE ENTRE O 1 E O 10 DE XULLO.
PROCESO MATRÍCULA PARA O IES REGO DE TRABE
No IES Rego de Trabe este ano o proceso de matriculación terá unha fase online e outra de entrega de impresos, como xa foi o ano pasado.
Dende o Instituto, solicítannos que vos fagamos chegar a seguinte información, para que sirva de orientación e para poder acceder ao formulario de matrícula.
O prazo para cubrir e enviar online este formulario empeza mañá e remata o martes 2 de xuño. Unha vez teñan os impresos de matrícula personalizados, faránnolos chegar para que as familias os recollades xunto cos boletíns de notas e expedientes académicos.
Nas seguintes ligazóns poderdes acceder a:
- formulario para matrícula definitiva
- información sobre optativas, itinerarios, modalidades, adaptados á oferta educativa
- oferta educativa
- información para formalizar a matrícula
Para calquera dúbida envíen un correo elecrónico ao ies.regodetrabe@edu.xunta.es ou chamen ao 616 416 922.
RECOLLIDA MATERIAL DO ALUMNADO QUE QUEDOU NO CENTRO
Estimadas familias,
En cumprimento da RESOLUCIÓN, DO 22-05- 2020, DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL POLA QUE SE REINICIA A ACTIVIDADE LECTIVA PRESENCIAL NO CURSO 2019-2020, SE DETERMINAN AS INSTRUCCIÓNS PARA O QUE RESTA DO PRESENTE CURSO E SE ADOPTAN MEDIDAS DE PREVENCIÓN E HIXIENE PARA A REAPERTURA PARCIAL NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DEPENDENTES DA CONSELLERÍA, que establece no seu ARTIGO 4. RECOLLIDA DE MATERIAL DO ALUMNADO
4.1. Os centros educativos permitirán a entrada dos proxenitores do alumnado dende o momento en que se levanten as restricións de movemento, coincidentes coa fase II, coa finalidade de recoller o material dos seus fillos/as. Para estes efectos a dirección de cada centro poderá establecer un modelo organizativo de presenza por quendas ou horarios por cursos co fin de evitar agrupacións de persoas no centro educativo. A presencia das nais e pais cumprirá a medidas que se establecen no anexo as presentes instrucións.
HORARIO DE RECOLIDA
DÍA |
GRUPOS QUE PODEN VIR AO COLEXIO A RECOLLER O MATERIAL DO ALUMNADO |
HORARIO |
27 DE MAIO |
4º DE Educación Infantil ( 3 anos) 4º de Educación Primaria |
9:30H- 13:30H |
28 DE MAIO |
5º DE Educación Infantil ( 4 anos) 5º de Educación Primaria |
9:30H- 13:30H |
29 DE MAIO |
1º de Educación Primaria 2º de Educación Primaria |
9:30H- 13:30H |
|
|
|
1 DE XUÑO |
6º de Educación Infantil ( 5 anos) 3º de Educación Primaria |
9:30H- 13:30H |
2 DE XUÑO |
6º de Educación Primaria |
9:30H- 13:30H |
MOI IMPORTANTE
A entrada ao centro para recoller o material de o alumndo de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria, FARASE POLA PORTA DE INFANTIL, e
a entrada ao centro para recoller o material de o alumndo de 2º, 3º,4º,5º e 6º Educación Primaria, FARASE POLA PORTA PRINCIPAL, DONDE ESTÁ CONSERXERÍA.
ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CURSO 19/20
En cumprimento da Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia., xúntanse as modificacións oportunas:
PROGRAMACIÓNS MODIFICADAS TITORÍAS 1º,2º,3º,4º,5º e 6º de Educación Primaria
PROGRAMACIÓNS MODIFICADAS ESPECIALIDADES
Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria e educación especial para o curso escolar 2020/2021
Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).
- O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación des-ta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 19 de xuño de 2020 incluído
- DESCARGAR SOLICITUDE ANEXO I e ANEXO II
Orde do 12 de maio de 2020 (DOG)Extracto da Orde do 12 de maio de 2020 (DOG)
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abre o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto, e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos, para o vindeiro curso escolar 2020/21.
O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto dende o 20 de maio ata o próximo día 19 de xuño, tal como establece a convocatoria que pode consultarse no Diario Oficial de Galicia de hoxe.
Axudas á compra
As axudas da consellería para a compra de libros están dirixidas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria, e ao alumnado matriculado en Educación Especial e ao alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.
.Os requisitos de renda e as contías das axudas quedan do seguinte xeito:
Educación Primaria:
-
-
- Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros: 210 euros
- Renda per cápita familiar superior a 6.000,01 e igual ou inferior a 10.000 euros: 140 euros
-
Así mesmo, no caso do alumnado matriculado en educación especial, en centros específicos ou en unidades de educación especial en centros ordinarios, así como o que presente unha discapacidade igual ou superior ao 65%, que solicite a axuda e que cumpra os requisitos recibirá un importe de 275 euros , con independencia da renda per cápita familiar.
Ademais, o alumnado de 1º e 2 de Primaria que se encontre en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia recibirá a axuda máxima e non terá que acreditar os datos da unidade familiar nin o nivel de renda.
Fondo solidario
No Fondo solidario de libros SOLAMENTE pode participar o alumnado matriculado en 3º, 4º, de primaria, xa que 5º e 6º ten EDIXGAL. A asignación de libros de texto farase, ao igual que cursos anteriores, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar. En calquera caso, terá preferencia o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da súa renda familiar.
Cómpre lembrar que será requisito fundamental para acceder ao fondo solidario ou recibir as axudas para libros ou material escolar ter devolto os libros dos cursos anteriores.
Axudas para material escolar
O destinatario das axudas para material escolar é todo o alumnado matriculado en educación primaria cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros
O alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de educación especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% será beneficiario desta axuda con independencia da renda.
Trámites por vía telemática
As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica (preferentemente) empregando a aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben presencialmente nos propios centros docentes, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.
DATAS IMPORTANTES:
Prazo de presentación solicitudes: 20/05/2020 - 19/06/2020
Devolución LIBROS 3º e 4º de Primaria: 18 e 19 de xuño
3º EDUCACIÓN PRIMARIA O XOVES 18 DE XUÑO
4º EDUCACIÓN PRIMARIA O VENRES 19 DE XUÑO
AS TITORAS DOS GRUPOS CONVOCORÁN A CADA ALUMNO/A A UNHA HORA DETERMINADA
Publicación LISTAS PROVISIONAIS: 10/07/2020
Prazo de reclamación: 13 e 14 de xullo
Publicación LISTAS DEFINITIVAS: 20/07/2020
ENTREGA DE CHEQUES LIBROS DE TEXTO E VALES MATERIAL ESCOLAR:
1º Educación Primaria....... martes 21 de xullo de 9:00h a 13:00h
2º Educación Primaria....... mércores 22 de xullo de 9:00h a 13:00h
3º Educación Primaria....... xoves 23 de xullo de 9:00h a 13:00h
4º Educación Primaria....... luns 27 de xullo de 9:00h a 13:00h
5º e 6º Educación Primaria....... martes 28 de xullo de 9:00h a 13:00h
Comunicarase, a través da plataforma abalarmobil e publicarase na web do centro, as datas de entrega dos libros de texto de 3º e 4º de primaria, que terán lugar no mes de setembro.
PARA MÁIS INFORMACIÓN CLICA AQUÍ
PROTOCOLO ATENCIÓN FAMILIAS NO RESTABLECEMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN DO CURSO 2020-21
RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretarína Xeral Téncnica da Consellería de Presidencia, Administraciónns Públicas e Xustiza, pola que se dan publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinaciónn Operativa da situaciónn de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020.
NO RESTABLECEMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN DO CURSO 2020-21 establécense os seguintes prazos e o seguinte PROTOCOLO de seguridade;
1.A presentación da solicitude de admisión:
•O prazó abranguerá dende o día 11 ata 18 (ámbolos dos inclusive).
•No horario de 9-14h.
•Poderá facerse:
*vía online en: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
*presencialmente, no propio centro, con cita previa (prégase unha única persoa para presentar unha solicitude)
1.Cómo solicitar a cita previa:
•881880609 (en horario de 9-14 h. de luns a venres)
1.Cando acudas ao Centro:
•O centro establecerá as medidas para garantir a seguridade das familias e do persoal docente e limpeza.
•Solicitamos acudan con mascarilla e unha única persoa para realizar a solicitude.
•Na administración do centro atenderase dende a fiestra da mesma.
OUTROS ASPECTOS IMPORTANTES
•A Presentación da documentación acreditativa para o baremo será ata o 26 de maio.
•A Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido o 9 de xuño.
•A Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido o 26 de xuño.
•O Prazo de formalización de matrícula do 1-10 de xullo
REPARTO DE LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E ORDENADORES
Estimadas familias e alumnado, como ben sabedes, onte venres 18 procedeuse ao reparto de libros, material escolar e ordenadores GRAZAS ao SERVIZO DE "MOTEROS VOLUNTARIOS" e Protección Civil, coordinado polo Concello de Culleredo.
En representación da comunidade educativa do CEIP Isaac Díaz Pardo queremos mostrar o noso agradecemento a todos e todas os que colaboraron neste reparto: a todos e todas os "moteros" e "moteras", a Protección Civil e en especial a Ana, que dende o concello artellou esta actividade. GRAZAS!!
Aproveitamos para felicitar ás familias pola colaboración nestes difíciles momentos e animar aos nenos e nenas para que sigan sendo tan responsables e comprensivos, cumplindo as normas establecidas polas autoridades e mantendo un ritmo de traballo positivo.
Queda un día menos para á volta á normalidade. Ánimo!!!
PADLET VACACIÓNS
Estimadas familias e alumnado, nesta situación excepcional que estamos a vivir, debemos adicar tempo ao traballo, non perder as nosas rutinas habituais, pero temén destinar tempo ao descanso e ocio. Conscientes diso, para estas vacacións NON HABERÁ DEBERES.
O profesorado do CEIP Isaac Díaz Pardo no afán de colaborar coas familias e alumnado, intentando facer que o tempo nas casas sexa máis levadeiro e proveitoso, fixemos esta selección de contidos para que desfrutedes en familia. #osdoisaacdiazpardoquedamosnacasa
Unha aperta moi grande e a desfrutar:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »