RESERVA DE PRAZA, CAMBIO DUN CENTRO A OUTRO AO QUE SE ESTEA ADSCRITO . CURSO 2019-20
En cumprimento da Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 53 do 15 de marzo de 2013) e da Corrección de erros ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación COMUNÍCASE:
Que o período de RESERVA DE PRAZA, CAMBIO DUN CENTRO A OUTRO AO QUE SE ESTEA ADSCRITO, que no noso caso é o IES REGO DE TRABEé do 1 ao 15 de febrero (ambos inclusive), polo que o alumnado que desexe continuar os estudos de ESO en devandito instituto deberá cubrir a solicitude que se xunta.
Débese entregar cuberta antes do VENRES 15 DE febreiro na Administración do centro.
Dende o centro farase chegar ao instituto.
Horario administración:
luns de 8:30h a 14:00h e de 16:00h a 18:00h De martes a venres de 8:30h a 14:30h |
IMPORTANTE: A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Pódese DESCARGAR O IMPRESO premendo NESTE ENLACE.
ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2018
ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2018
01. INFORMACIÓN SORTEO MESA ELECTORAL
02. ACTA DO SORTEO DE MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL
03. CONSTITUCIÓN XUNTA ELECTORAL ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR
O CENSO DE NAIS/PAIS estará exposto, para a súa consulta, na administración, dende o 5 de novembro. As reclamación do devandito censo faranse diante da Xunta Electoral entre os días 5 e 12 de novembro.
05. ACTA SORTEO MEMBROS MESA ELECTORAL
E-DIXGAL e LIBROS DE TEXTO DO ALUMNADO QUE CURSARÁ 5º DE PRIMARIA NO CURSO ESCOLAR 18/19. RESOLUCIÓN DEFINITIVA
O centro aparece seleccionado na resolución DEFINITIVA de centros para participar no proxecto E-Dixgal no curso 18/19, polo que TODO O ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA RECIBIRÁ OS LIBROS DIXITAIS GRATUITAMENTE.
E-DIXGAL e LIBROS DE TEXTO DO ALUMNADO QUE CURSARÁ 5º DE PRIMARIA NO CURSO ESCOLAR 18/19
Estimadas familias, comunicámosvos que o noso centro aparece seleccionado na resolución provisional de centros para participar no proxecto E-Dixgal no curso 18/19, polo que segundo o artigo 1 da Orde de 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar, o alumnado de centros incluídos no proxecto de educación dixital, E_Dixgal, está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto XA QUE TODOS RECIBIRÁN OS LIBROS DIXITAIS GRATUITAMENTE.
No obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, no caso de reunir os requisitos establecidos na orde correspondente
LIBROS DE TEXTO E VALES AXUDAS
PUBLICACIÓN LISTAS PROVISIONAIS DE LIBROS ADXUDICADOS, CHEQUES E VALES 12 de xullo
RECLAMACIÓNS ÁS LISTAS PROVISIONAIS 2 DÍAS HÁBILES
PUBLICACIÓN LISTAS DEFINITIVAS 20 de xullo
ENTREGA DOS LIBROS ADXUDICADOS 5 e 6 de setembro ( de 10:00h a 13:00h) nas titorías
ENTREGA DE CHEQUES E VALES Do 23 ao 30 de xullo ( de 10:00h a 13:30h)
5 e 6 de setembro ( de 9:30h a 13:30h) na ADMINISTRACIÓN do centro
COMEDOR ESCOLAR CURSO 2018/19
ADMITIDOS E ADMITIDAS CURSO 2018/19
Comunícase que está ADMITIDO NO COMEDOR ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO 2018/19 TODO O ALUMNADO que o solicitou e entregou a documentación.
Recórdase que as autodeclaracións (onde se especifica o importe que aboará cada alumno/a), debe
entregarse ata o día 11 de setembro, tal e como se recolle na INSTRUCIÓN 2/2018, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA, DO
4 DE XUÑO, SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE
XESTIÓN INDIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2018-2019. Imprescindible telo entregado para poder acceder ao
servizo de comedor escolar.
Para descargar a AUTODECLARACIÓN, PREMA NESTE ENLACE.
LIBROS DE TEXTO 2018-2019
Estimadas familias, xúntase a relación de LIBROS DE TEXTO CURSO 2018/19.
IMPORTANTE PARA O ALUMNADO QUE NO VINDEIRO 18/19 CURSARÁ 5º DE PRIMARIA
Dende o centro temos solicitado a inclusión no programa de libros dixitais, polo que si nolo conceden non necesitaredes mercar libros, pero debemos agardar a finais do mes de xullo para sabelo. En canto nos sexa comunicado, transmitirémosvolo a través de tokappschool e desta páxina web.
Saúdos
AMPLIADO O PRAZO DE SOLICITUDE DE FONDOLIBROS E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR
AMPLIADO O PRAZO DE SOLICITUDE DE FONDOLIBROS E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR ATA O VENRES 22 DE XUÑO ÁS 14:00H
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
AMPLIADO O PRAZO DE SOLICITUDE DE FONDOLIBROS E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR
AMPLIADO O PRAZO DE SOLICITUDE DE FONDOLIBROS E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR ATA O VENRES 22 DE XUÑO ÁS 14:00H
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »