Novas

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS/AS PARA O CURSO ESCOLAR 2018/19

 

 

                                                                                                      

 

 

Listaxes aprobadas no Consello Escolar de 23 de abril de 2018.

 

De acordo co artigo 30.3 da Orde do 12 de marzo de 2013, DOG do 15 de marzo, contra esta relación, as persoas interesadas poderán formular reclamación ante o Consello Escolar, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

ADMISIÓN CURSO 2018/19

  

 

 

 

Xúntase a Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Os prazos de presentencion de solicitudes de reserva de praza e de admisión para o próximo curso 2018/2019, serán os seguintes:

  • Reserva de praza en centros de adscrición: do 1 ao 15 de febreiro de 2018, ambos incluídos
  • Solicitude de admisión en centros sostidos con fondos públicos: do 1 ao 20 de marzo de 2018, ambos incluídos
 

A solicitude de posto escolar será única e presentarase no centro no que a/o solicitante pretende ser admitido ou na sede electrónica a través da aplicación (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ 

 

01. CALENDARIO ADMISIÓN CURSO 2018-19

02. VACANTES CURSO 2018.19

03. INFORMACIÓN BAREMO ADMISIÓN ALUMNADO  E DOCUMENTACIÓN A APORTAR

04. ZONIFICACIÓN ESCOLAR CULLEREDO 2018

05. Solicitude admisión curso 17.18 PARA O NOSO CENTRO

 

LEXISLACIÓN APLICABLE

- Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 245, do 26 de decembro).

- Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 53, do 15 de marzo).

 

 

LISTAXES DE SOLICITUDES DE FONDO LIBROS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS

Premendo nas imaxes inferiores, accédese ás listaxes de solicitudes admitidas e excluídas para o préstamo de libros do programa FONDOLIBROS. Aparece o número de libros adxudicados a cada alumno e alumna. Na listaxe definitiva, que se publicará o 21 de xullo, xa se especifica cales son os libros que se lle adxudican a cada quen, e que se recollerán o 5 e 6 de setembro. O prazo de reclamacións abrangue dende o 14 ata o 20 do presente mes.

                                       

COMEDOR ESCOLAR CURSO 2017/18

 

Comunícase que no Consello Escolar, celebrado o 30 de xuño de 2017, aprobáronse as listas provisionais de admitidos no comedor escolar.  ESTÁ ADMITIDO TODO O ALUMNADO QUE PRESENTOU A SOLICITUDE NO PRAZO ESTABLECIDO.

LISTAS ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS/AS CURSO 2017/18

 

PREME NOS ARQUIVOS SEGUINTES PARA CONSULTAR AS LISTAXES (No caso de querer  consultar os puntos do baremo debe dirixirse á Secretaría do centro)

 

ALUMNADO ADMITIDO 4º ED. Infantil                ALUMNADO NON ADMITIDO 2º ED. Primaria

 

ALUMNADO ADMITIDO 5º ED. Infantil               ALUMNADO NON ADMITIDO 3º ED. Primaria

 

 

 

De acordo co artigo 30.3 da Orde do 12 de marzo de 2013, DOG do 15 de marzo, contra esta relación, as persoas interesadas poderán formular reclamación ante o Consello Escolar, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

 

 Lexislación aplicable:

o   

Decreto 254/2012, do 13 de decembro: Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 26 de decembro)

o   

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG do 15 de marzo)

o   

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos (DOG do 1 de febreiro).

o   

Instruccións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

 

o   

Instruccións da Xefatura Territorial da Coruña

 

COMEDOR ESCOLAR CURSO 2016/17

Unha vez resoltas as reclamacións e incluídas as solicitudes de fóra de prazo COMUNÍCASE que está admitido no COMEDOR ESCOLAR todo o alumnado que o solicitou.

INFÓRMASE  QUE En cumprimento do DECRETO 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación  e da Instrucción 2/2016, da SXT da Consellería de Cultura, Educación e O.U., do 30 de maio, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2016/17 as familias dos comensais admitidos deben entregar antes do 13/09/2016, na secretaría do centro o impreso de autodeclaración de prezos públicos cuberto na súa totalidade para poder determinar a contía da tarifa que lles corresponde aboar.

 

 

LISTAXES COMEDOR ESCOLAR

LISTAS DEFINITIVAS COMEDOR ESCOLAR

 

As solicitudes fóra de prazo serán resoltas no Consello Escolar do mes de setembro.