CEIP DE VIÑAGRANDE-DEIRO

O INFORMADEIRO

 Este curso 2016 - 2017 iniciouse con grandes cambios. Nestes momentos estamos rematando de configurar un novo contexto de aprendizaxe denominado O INFORMADEIRO e que se sitúa na nova biblioteca escolar e constitúe unha importante peza do Plan de Mellora da Biblioteca Escolar.

Nel o alumnado vai ter a oportunidade de darlle saída aos traballos que elaboran no interior das aulas a través dos distitintos medios de comunicación: xornais e revistas escolares, radio, televisión e redes sociais (inda xestionadas polo profesorado). 

Na nova biblioteca contamos xa con tres novos espazos ben definidos para o traballo en RadioDeirOnline, en TeleViñagrande e na edición e publicación do xornal escolar A Xanela de Viñagrande

O que aquí vos presentamos é unha selección das actividades que se desenvolveron ao longo deste curso grazas aos medios de comunicación cos que traballamos. Nesta web poderedes acceder a programas de radio, de televisón e as distintas modalidade de revistas e xornais escolares que fixo o alumnado.

Esperamos que vos guste porque será unha rutina a partires dagora ver ao alumnado converterse en xornalista nunha nova biblioteca escolar multifuncional e  multidisciplinar.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=system/files/informadeiro.jpg