Curso 2012-2013

LIBROS DE TEXTO E MATERIAIS CURRICULARES 2013-2014

Estes son os libros de texto e materiais curriculares que se van a precisar para o curso 2013-2014. Lembrar que a etapa de Educación Infantil non ten libros.

Tamén os podedes descargar facendo clic en LIBROS.

 

 

 

AXUDAS PARA MATERIAIS CURRICULARES, DIDÁCTICO E COMPLEMENTARIO

No DOG do 31 de maio, saiu publicada a Orde do 30 de maio de 2013 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2013/2014.

Facendo clic na imaxe tedes toda a información necesaria.

O prazo para solicitar ditas axudas vai do 3 de xuño ó 3 de xullo.

Podedes descargar o impreso para entregar no Centro facendo clic en IMPRESO.

De todos xeitos, este documento tamén está dispoñible no Centro Educativo.

PROCESO DE TRANSFORMACIÓN DA AULA ABALAR

Así foi o proceso de creación dunha aula ordinaria, neste caso a aula de 5º, nunha aula TIC dentro do proxecto Abalar.

Así era a aula antes.

 

Chegou a pizarra dixital e o canón de vídeo.

 

 

Máis tarde chegaron os portátiles e o carro de carga.

 

 

Formación do profesorado

 

Así é agora unha aula abalar.

 


Traballando cos portátiles.

 


MATRÍCULA 2013-2014

Se queredes descargar o impreso de admisión facede clic AQUÍ.

RESERVA DE PRAZA CURSO 2013-2014

A reserva de praza para o próximo curso será do 18 ó 22 de marzo.

Tedes máis información na Orde do 12 de marzo de 2013.

Lembrarvos o horario da Secretaría do Centro:

LUNS de 9 a 9:50 horas

MARTES de 9 a 9:50 horas

XOVES de 13:10 a 14 horas

VENRES de 13:10 a 14 horas

Se facedes clic en IMPRESO SOLICITUDE poderedes ver e descargar o impreso que hai que entregar no centro. Este impreso tamén estará dispoñible na nosa secretaría.

Equipo directivo

Está formado polo

  • O director: Pablo González
  • O xefe de estudos: Domingo Fernández 
  • A secretaria: Carmen Mª Pérez

Powered by Drupal - Design by artinet