ENTROIDO 2022

Mañá venres 25 de febreiro celebraremos o Entroido no noso cole!

Debido á situación epidemiolóxica as familias non poderán acceder ó interior do recinto escolar, por iso faremos un desfile polo exterior do centro a partir das 12 horas aproximadamente.

Lembramos que a estrada estará cortada no tramo do desfile dende as 11:40 ata as 12:20 h aproximadamente.

Agradecemos a todas as familias que colaboraron para levar a cabo esta festa, e tamén a nosa ANPA, que ademais este ano agasalla ó noso alumnado con orellas e rosquillas de entroido e zumos.

Esperámosvos mañá no exterior do centro.

 

Powered by Drupal - Design by artinet