Secretaría

URXENTE: AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CONCELLO DE TOMIÑO

BASES E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A FAMILIAS DO ALUMNADO DE CENTROS DOCENTES PUBLICOS DE EDUCACION INFANTIL (SEGUNDA ETAPA), EDUCACION PRIMARIA E SECUNDARIA OBRIGATORIA, CON ENDEREZO EN TOMIÑO, PARA O CURSO 2014-2015.
 
Bases da convocatoria

 

Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra Xoves 14 de agosto de 2014 ( Páxinas 31 a 35 )
 
Facer clic en onde pón ENLACE para acceder á convocatoria e ás bases.
 
Solicitar no centro o certificado de escolaridade.
 
 
Data límite ata o 3 de setembro
 

 

 

 

 

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DOS LIBROS DE TEXTO

Orde do 28 de maio de 2014 pola que se convovan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en E.P., E.S.O. ou Educación Especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 14/15.

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE  LIBROS DE TEXTO  para o curso 14/15.

 

Exclusivamente libros de texto(non se pode adquirir con cargo ao vale material didáctico nin complementario).  Non obstante, o alumnado matriculado en educación especial, así como aquel que teña recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 65% poderá adquirir os libros, material didáctico e complementario que o centro docente determine en cada caso.

O alumnado ten a obriga de conservar en bo estado os libros de texto adquiridos na súa integridade con cargo ao importe das axudas, así como incorporalos, ao rematar o curso escolar 2014/2015 (xuño ou setembro, segundo o caso), a un fondo solidario que se constituirá no centro (banco de libros).

Para o alumnado de 1º, 2º, 3º 4º 5º e 6º de E.P.  (Alumnado que repita 4º e/ou 6º curso non ten  dereito a axuda).

O prazo remata  o 2 de xullo. As axudas son de 170 ou 90 euros segundo  renda per cápita familiar no ano 2012.

Familias monoparentais:

Renda per cápita familiar ata 6000 euros: 170 euros

Renda per cápita familiar desde 6000,01 ata 9000 euros: 90 euros.

Resto das familias:

Renda per cápita familiar ata 5400 euros: 170 euros.

Renda per cápita familiar desde 5400,01 ata 9000: 90 euros.

 

*Para calcular a renda hai que sumar os recadros 455 e 465 e dividir entre os membros da familia. (Se hai algún membro con discapacidade igual ou superior ao 33 % con pensión por incapacidade ou coa condición de pensionista computarán por dous). No caso de non presentar declaración, teranse en conta os ingresos netos de todos os membros computables da unidade familiar.

 

DOCUMENTACIÓN

- Cubrir solicitude Anexo I (Pódese recoller na Secretaría do centro.Consultar horario nesta páxina)

- Fotocopia libro de familia na que figuren todos os membros da unidade familiar.No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar fora diferente en día 31 de decembro de 2012 documentos que o acrediten. Certificado de empadroamento ( no caso de que existan outros membros que non figuren no libro de familia).

-      

No caso de discapacidade, documentación que o acredite.

-      

No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar: documentación acreditativa.

Para máis información podedes visitar o seguinte enlace http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria.

Para descargar os impresos facer clic AQUÍ.

A instancia  xunto coa documentación entregarase no centro. 

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2014-2015

Lista provisional de alumnado admitido no CEIP de Sobrada para o curso 2014-2015.

 

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2014-2015

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 14/15

 

 

Normativa: Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de E.I. de E.P.  de E.S.O. e de Bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

 

POSTOS ESCOLARES OFERTADOS

 

 

 

-      Prazo de presentación de solicitudes de admisión (alumnado que non fixo reserva de praza): 1-20 de marzo

 

Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que se solicite praza en primeiro lugar. O incumplimento desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 

O alumnado que teña garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunícalo, ao mesmo tempo ao centro de orixe.

 

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

-      Prazo de presentación de documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo ( de ser o caso): do 25 de marzo ao 7 de abril

 

-      Publicación  listados provisionais de alumnado admitido e non admitido: Antes do 25 de abril

 

-      Publicación  listados definitivos de alumnado admitido e non admitido: Antes do 15 de maio.

 

-      Prazo de formalización de matrícula: 20-30 xuño

Centros adscritos: C.R.A. de Tomiño (Aula de Carregal, Aula de Taborda e Aula de Amorín)

Centro ao que estamos adscritos: I.E.S. de Tomiño

Área de influencia do centro: Etapa de Educación Infantil (Parroquias de Sobrada, Currás e Piñeiro)

Etapa de Educación Primaria (Parroquias de Sobrada, Currás, Amorin, Piñeiro e Taborda)

Servizo complementario: Transporte escolar.

Os impresos pódense recoller no centro en horario de secretaría ( consultar na columna da esquerda ) ou descárgalos directamente da web ( facendo clic na foto de abaixo ).

 

 

 

 

 

 

RECOMENDACIÓNS PEDAGÓXICAS PARA O PERIODO DE ESCOLARIZACIÓN NA CASA. SEMANA 8 de xuño.

Estas son as recomendacións pedagóxicas que o profesorado actualizou para a semana do 8 de xuño.

Neste cadro publicado mais abaixo tedes os enlaces que vos levan directamente ós traballos propostos actualizados. O profesorado do 1º ciclo e 2º ciclo, educación física e inglés ( profe Alfonso) crearon os seus propios blogues, estes enlaces vos levarán a estas novas propostas. Só tedes que facer clic enriba do termo desexado. Cada luns actualizaremos neste blog as novas recomendacións pedagóxicas.

 

Tamén as podedes atopar no blogue do centro.

 

Aquel alumnado que teña problemas para visualizar algún tipo de contido online dende unha tablet ou dispositivo móbil Android, recoméndase que descarguen o navegador Puffin Web Browser e abran ese contido con este navegador, xa que é un dos únicos que coñecemos que pode soportar arquivos Flash.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

RECOMENDACIÓNS PEDAGÓXICAS PARA O PERIODO DE ESCOLARIZACIÓN NA CASA. SEMANA 11 de MAIO.

Estas son as recomendacións pedagóxicas que o profesorado actualizou para a semana do 11 de maio.

Neste cadro publicado mais abaixo tedes os enlaces que vos levan directamente ós traballos propostos actualizados. O profesorado do 1º ciclo e 2º ciclo e educación física crearon os seus propios blogues, estes enlaces vos levarán a estas novas propostas. Só tedes que facer clic enriba do termo desexado. Cada luns actualizaremos neste blog as novas recomendacións pedagóxicas.

 

Tamén están as podedes atopar no blogue do centro.

 

Aquel alumnado que teña problemas para visualizar algún tipo de contido online dende unha tablet ou dispositivo móbil Android, recoméndase que descarguen o navegador Puffin Web Browser e abran ese contido con este navegador, xa que é un dos únicos que coñecemos que pode soportar arquivos Flash.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FELICES FESTAS

A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP DE SOBRADA DESÉXALLES UNHAS FELICES FESTAS

HORARIO SECRETARÍA

Horario secretaria

 

 

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

9-9:50h

SEC

SEC

SEC

SEC

 

9:50-10:40h

 

 

 

 

 

10:40-11:30h

 

 

 

 

 

12-12:20h

 

 

 

 

 

12:20-13:10h

 

 

 

 

 

13:10-14h

 

 

 

SEC

SEC

MATRÍCULA 2013-2014

Do 20 ó 30 de xuño está aberto o prazo de matrícula para o vindeiro curso académico 2013.2014. Podedes recoller os impresos no propio centro ou ben descargalos dos seguintes enlaces:

Dcoumento 1

Documento 2

Documento 3

 

DOCUMENTACIÓN REQUERIDA PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:

 

 
  • Impreso de solicitude cuberto ( documentos 1-2 e 3 citados anteriormente )
  • Certificado de empadroamento.
  • Presentación do libro de familia e fotocopia da folla na que está inscrito o neno ou nena ( se non se entregou coa solicitude de admisión )
  • DNI do neno/a se o posúe ( se non se entregou na solicitude de admisión )
  • Dúas fotografías tamaño carné.
  • Fotocopia da cartilla de vacinacións.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.

A documentación entregarase na SECRETARÍA do centro en horario de seccretaría ou durante o recreo     ( de 11:30 a 12 h )

 

HORARIO DE SECRETARÍA: 

 

  • Luns e martes de 9 a 9:50 h.
  • Xoves e venres de 13:10 a 14 h.

 

 

LIBROS DE TEXTO E MATERIAIS CURRICULARES 2013-2014

Estes son os libros de texto e materiais curriculares que se van a precisar para o curso 2013-2014. Lembrar que a etapa de Educación Infantil non ten libros.

Tamén os podedes descargar facendo clic en LIBROS.

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet