VIDEO FINAL DE CURSO

Parece mentira pero xa chegou o fin de curso! Aquí tedes un resumo en imaxes do curso 2020-21. ¡¡Pasádeo moi ben!! ¡¡Ata setembro!!

CAAC. COOPERAR PARA APRENDER, APRENDER A COOPERAR

Esta metodoloxía baseada no programa CAAC ( Cooperar para Aprender e Aprender a Cooperar) comezou no noso centro polo curso 2010-2011. Dende aquela ata o día de hoxe segue sendo unha das principais sinais de identidade do centro. Este vídeo representa unha mostra de como aplicamos na aula este método de aprendizaxe.

ADMISIÓN ALUMNADO NOVO

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 21/22

 

 

Normativa: Decreto 254/2012, de 13 de diciembre, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de E.I. de E.P.  de E.S.O. e de Bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de E.I. de E.P.  de E.S.O. e de Bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de E.I., de E.P., de E.S.O. e de Bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

 

PRAZO DE SOLICITUDE: DO 1 AO 22 DE MARZO (INCLUSIVE)

 

Formulario: Modelo ED550B.

 

Pode recollerse na secretaría do centro, ou ben descargalo da web:  https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/26924

 

Tamén se poderá facer a solicitude de admisión directamente ON LINE: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

Para cada alumno/a só se pode presentar unha única solicitude, no centro no que se solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 

O alumnado que teña garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo ao mesmo tempo ao centro de orixe.

 

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

-       Prazo de presentación de documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo (de ser o caso): do 23 de marzo ao 5 de abril

 

-       Publicación listados provisionais de alumnado admitido e non admitido: Antes do 25 de abril

 

-       Publicación listados definitivos de alumnado admitido e non admitido: Antes do 15 de maio.

 

-       PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA: 20-30 XUÑO

 

Centro adscrito ao noso: C.R.A. de Tomiño (Aulas de Carregal, de Taborda e de Amorín)

 

Instituto ao que está adscrito o noso centro: I.E.S. de Tomiño

 

Área de influenza do centro: Etapa de Educación Infantil (Parroquias de Sobrada, Currás e Piñeiro)

 

Etapa de Educación Primaria (Parroquias de Sobrada, Currás, Amorín, Piñeiro e Taborda)

 

Servizos complementarios: Transporte escolar, Comedor escolar, Aula matinal.

 

FELICITACIÓN NADAL

 

Toda a comunidade educativa do Ceip de Sobrada desexamos que teñades moi boas Festas, coidadevos moito e voltamos en xaneiro. Ata o Ano que vén!!

Impresos de Matrícula novas incorporacións e Impresos ANPA ( aula matinal e comedor )

 

IMPRESOS DE MATRÍCULA ALUMNADO NOVO

 IMPRESOS ANPA ( aula matinal e comedor )

Powered by Drupal - Design by artinet