CARTAS DE PAPÁ NOEL

Papá Noel xa recibiu as cartas dos máis pequenos do colexio.

Podedes velas todas neste pequeno vídeo que elaborou a ANPA A Mimosa.

Quen queira ver todas as cartas escaneadas individualmente pode facelo premendo AQUÍ.

 

 

VISITA E MENSAXE DE PAPÁ NOEL

Hoxe no cole recibimos a ilusionante e máxica visita de Papá Noel e os seus elfos. Todos estabamos moi emocionados!, tróuxonos algunhas novas da súa longa viaxe e animounos moito a continuar sendo bos rapaces. Escoitamos os seus sabios consellos e lle entregamos a carta que estivemos escribindo estes últimos días de cole. Despois de estar un tempo connosco despediuse co alegre Jo Jo Jo e marchou, xa que estes días ten moitísimo traballo. Ata pronto Papá Noel!!

 

 Papá Noel tamén quiso lembrarse do alumnado que non puido asistir ó centro.

POSTAL NADAL.

 

Estas foron as postais gañadoras do tradicional concurso no que participa todo o alumnado.

Noraboa polas vosas  xeniais ideas e creatividade. 

  

BO NADAL!

 

EXPOSICIÓN DE INVERNO

Este é o resultado das maquetas da exposición de inverno realizadas polas familias e o alumnado do noso centro.

Agradecemos o esforzo e creatividade amosada!

Moitas grazas!

 

 

ÁRBORE DE INVERNO

Visita a noa entrada do colexio decorada por todos os cursos e ambientada na estación do inverno.

 

DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

O pasado 3 de decembro celebramos o Día da Diversidade funcional.

Este foi o resultado da actividade proposta polo Departamento de Orientación do centro.

Obxectovo: Poñer en valor a diversidade das persoas e a riqueza que isto ten, así como a inclusión de todas e todos.

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet