ENAPA: MATERIAL DE INTERÉS SOBRE SEGURIDADE NA REDE E CONTROL PARENTAL

Logo do remate da nosa ENAPA ( Escola de nais e pais) orientada á concienciación dun uso seguro e responsable dos dispositivos móbiles e da Internet, queremos agradecer tanto a inciativa da nosa ANPA A Mimosa, como ás familias participantes, polo interés e preocupación amosada sobre estes temas tan presentes no noso día a dia.

Gracias ó CFR de Vigo e ó ponente José Torres, podemos compartir unha documentación que, de seguro, será do interese de moitas e moitos.

 

PROTECCIÓN DO MENOR EN INTERNET 

GUÍA DE MEDIACIÓN PARENTAL 

 

 

SEGURIDADE, PRIVACIDADE E INTIMIDADE:

CONTROIS PARENTAIS

FERRAMENTAS DE CONTROL PARENTAL

 

DATOS PERSOAIS DE MENORES

 

DI NON Á DIFUSIÓN DE CONTIDOS SEXUAIS

INFANTIL POLA PAZ NO MUNDO

O alumnado de Infantil traballando e cantando pola PAZ no mundo.

CAMBIO DA PARADA DE GÁNDARA

A nova parada de Gándara comezará a funcionar o vindeiro 19 de abril.

ENTROIDO 2022

Mañá venres 25 de febreiro celebraremos o Entroido no noso cole!

Debido á situación epidemiolóxica as familias non poderán acceder ó interior do recinto escolar, por iso faremos un desfile polo exterior do centro a partir das 12 horas aproximadamente.

Lembramos que a estrada estará cortada no tramo do desfile dende as 11:40 ata as 12:20 h aproximadamente.

Agradecemos a todas as familias que colaboraron para levar a cabo esta festa, e tamén a nosa ANPA, que ademais este ano agasalla ó noso alumnado con orellas e rosquillas de entroido e zumos.

Esperámosvos mañá no exterior do centro.

 

Powered by Drupal - Design by artinet