Selo Revitaliza

O noso centro recibiu o Selo Revitaliza, comprometido coa compostaxe.

ENTROIDO 2023

 

 

Moito trouleamos no cole a conta do Entroido!

Contamos con astrounautas, pintores, floristas, abellas e quebracabezas. Unha ampla variedade de nenos e nenas disfrazados. Todos diferentes, mais todos unidos por unha mesma temática. A cooperación.. Porque cooperando construimos, descubrimos e recreamos mundos reais e imaxinarios.

 

 

 

 

PROXECTO DE EXCELENCIA

O noso centro foi galardoado cun PROXECTO DE EXCELENCIA realizado o curso pasado enmarcado no Plan Proxecta de Meteoescolas, organizado por Meteogalicia.

O título do proxecto era “ ARGALLANDO CO TEMPO. METEORÓLOGOS EN ACCIÓN”

Facendo clic na imaxe podedes acceder á memoria gráfica do proxecto.

Radio Emociónate no CEIP de Sobrada

Xa podedes escoitar o programa de radio grabado o pasado 25 de novembro dentro da iniciativa radioemociónate de Si Radio.

Premede na inaxe ou escaneade o código qr para poder escoitalo.

VISITA DE PAPÁ NOEL

 Neste último día antes das vacacións de Nadal recibimos unha das visitas mais agardas do ano: Papá Noel e os seus Elfos que fixeron un oco na súa axustada axenda para recoller todas as nosas cartas e falarnos un pouco do seu traballo nestas datas.

 

 

 

PLAN DIRECTOR DE CENTRO

Hoxe tivemos a visita da Garda Civil de Tomiño que nos veu a falar sobre os riscos da navegación pola rede e aconsellarnos sobre como facer un uso seguro de Internet.

Actividade enmarcada dentro do Plan Director de Centro.

Estas charlas foron dirixidas ó alumnado de 5º e 6º de primaria, e proximamente serán ofertadas ás familias deste alumnado.

Encantados quedamos coa exposición que nos fixeron.

Powered by Drupal - Design by artinet