MATRÍCULA 2013-2014

Do 20 ó 30 de xuño está aberto o prazo de matrícula para o vindeiro curso académico 2013.2014. Podedes recoller os impresos no propio centro ou ben descargalos dos seguintes enlaces:

Dcoumento 1

Documento 2

Documento 3

 

DOCUMENTACIÓN REQUERIDA PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:

 

 
  • Impreso de solicitude cuberto ( documentos 1-2 e 3 citados anteriormente )
  • Certificado de empadroamento.
  • Presentación do libro de familia e fotocopia da folla na que está inscrito o neno ou nena ( se non se entregou coa solicitude de admisión )
  • DNI do neno/a se o posúe ( se non se entregou na solicitude de admisión )
  • Dúas fotografías tamaño carné.
  • Fotocopia da cartilla de vacinacións.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.

A documentación entregarase na SECRETARÍA do centro en horario de seccretaría ou durante o recreo     ( de 11:30 a 12 h )

 

HORARIO DE SECRETARÍA: 

 

  • Luns e martes de 9 a 9:50 h.
  • Xoves e venres de 13:10 a 14 h.

 

 

LIBROS DE TEXTO E MATERIAIS CURRICULARES 2013-2014

Estes son os libros de texto e materiais curriculares que se van a precisar para o curso 2013-2014. Lembrar que a etapa de Educación Infantil non ten libros.

Tamén os podedes descargar facendo clic en LIBROS.

 

 

 

AXUDAS PARA MATERIAIS CURRICULARES, DIDÁCTICO E COMPLEMENTARIO

No DOG do 31 de maio, saiu publicada a Orde do 30 de maio de 2013 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2013/2014.

Facendo clic na imaxe tedes toda a información necesaria.

O prazo para solicitar ditas axudas vai do 3 de xuño ó 3 de xullo.

Podedes descargar o impreso para entregar no Centro facendo clic en IMPRESO.

De todos xeitos, este documento tamén está dispoñible no Centro Educativo.

MATRÍCULA 2013-2014

Se queredes descargar o impreso de admisión facede clic AQUÍ.

RESERVA DE PRAZA CURSO 2013-2014

A reserva de praza para o próximo curso será do 18 ó 22 de marzo.

Tedes máis información na Orde do 12 de marzo de 2013.

Lembrarvos o horario da Secretaría do Centro:

LUNS de 9 a 9:50 horas

MARTES de 9 a 9:50 horas

XOVES de 13:10 a 14 horas

VENRES de 13:10 a 14 horas

Se facedes clic en IMPRESO SOLICITUDE poderedes ver e descargar o impreso que hai que entregar no centro. Este impreso tamén estará dispoñible na nosa secretaría.

Powered by Drupal - Design by artinet