VIDEO FIN DE CURSO

Este é o vídeo resumo das actividades que levamos a cabo durante o curso relacionadas co proxecto traballado globalmente:

"COOPERANDO CONSTRUÍMOS MUNDOS"

MURAL COOPERANDO CONSTRUÍMOS MUNDOS

Un curso máis contamos coa colaboración do pintor de Tebra Basilio Calzado para decorar o muro que temos en fronte do colexio.

Aquí podedes ver un breve resumo de cómo se realizou.

Agradecer a colaboración da nosa ANPA A Mimosa e por suposto á dispoñibilidade sempre aberta de Basilio e a súa colaboración co alumnado de 6º para obter o produto final.

 

PRIMEIRA FEIRA FESTA

Rematamos  o curso celebrando a primeira Feira-Festa do centro que consistiu na preparación por parte do alumnado dunha oferta de actividades repartidas en diversos postos, foi un éxito total como se reflexa no vídeo.

 

CANCIÓNS CEIBES

Video gravado polas familias dunha canción de Ruxe Ruxe, dentro da actividade Ao ritmo da Música do noso centro.

Parabéns a todas e todos os participantes!!!

ENQUISA CONVIVENCIA ESCOLAR

No marco da actual Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 da CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES ponse en marcha a Enquisa de Convivencia Escolar 2023, cuxo prazo de participación rematará o  22 de maio.

A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo. Para garantir este aspecto a Xunta despregaranse diversas solucións tecnolóxicas e de procedemento entre as que destaca o acceso á propia ferramenta de recollida de datos.

 

A recollida de datos por sectores nas seguintes ligazóns:

 

PODCAST POLO DÍA DO LIBRO

curso 22/23

Co motivo do DÍA DO LIBRO, durante a semana do 24 ao 28 de abril,  os nenos e nenas de sexto gravaron podcast nos que a literatura era o eixo principal. Para elo buscamos información sobre as orixes desta festividade.

Ademais, realizaron unha ardua tarefa de busqueda literaria na biblioteca onde tiveron que seleccionar unha serie de libros para  recomendarlles ao resto dos nenos e nenas. Libros que tiñan que ser apropiados para a idade dos destinatarios. Ademais tiveron que explicar o por qué de cada unha das súas eleccións.

Por outra banda, deron renda solta a súa creatividade coa elaboración das súas historias en grupo nas cales a temática tiña que ser a literatura e debían ser apropiadas para tódolos públicos.

E o mellor de todo: retaron aos seus oíntes a través dun concurso no que ían dando pistas sobre   un clásico da literatura e o resto das clases tiñan que descubrir de que obra se trataba.

Finalmente gravamos os podcast cos que aprendemos sobre a importancia de comunicar ben para chegar ao noso público.

Unha semana chea de aprendizaxes!!!

Pola conmemoración do dia do Libro, podcast martes 25 de abril. Os nenos e nenas  de sexto  recomendan libros para tódalas idades. Non te perdas a historia creada e narrada por eles  " O libro da Constitución"

 Pola conmemoración do dia do Libro, podcast mércores 26 de  abril. Os nenos e nenas  de sexto  recomendan libros para tódalas idades. Escoitade esta historia misteriosa creada polo grupo Power Rangers.

.

Pola conmemoración do dia do Libro, podcast xoves 27 de abril, os nenos e nenas  de sexto  recomendan libros para tódalas idades. Aqui vos dieixan un curioso relato no que o espazo e o tempo se entremezclan.

Pola conmemoración do dia do Libro, podcast venres 28 de abril, os nenos e nenas  de sexto  recomendan libros para tódalas idades. Non te perdas este relato  de creación propia: " Amor a primeira vista, parte dous".

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet