#EspazoVioleta

O diario violeta de Carlota

O diario violeta de Carlota é moito máis ca novela e ca un diario. Un día, Carlota recibe da súa avoa a encomenda de observar o mundo cunhas lentes de cor violeta, é dicir, dende una óptica feminista e igualitaria. Aixiña vai entender, e nós con ela, que hai moitísimas situación do noso día a día que tomamos como normais cando, en realidade, son todo un exercicio de discriminación e inxustiza.

Pincha na imaxe para ler o primeiro capítulo.

Non deixemos que as marcas de xoguetes decidan por nós

Entras nunha xoguetería e xa che din: "Se é nena, por este corredor e se é neno, por ese outro'. Vémolo como algo normal pero o adecuado sería preguntar a idade, os seus gustos... O sexo é irrelevante á hora de elixir un agasallo"

 

Pincha na imaxe.

Escapp, unha aplicación para axudar ás mulleres vítimas da violencia machista

As mulleres vítimas da violencia machista terán ó seu servizo unha aplicación móbil que lles permitirá obter información de apoio e acceder a recursos, coma os Centros de Información ás Mulleres (CIM), comisarias, ou hospitais próximos á súa localización, entre outros servizos. Todo iso, dunha forma áxilsinxelaintuitivagratuíta e, sobre todo,confidencial, xa que a aplicación está deseñada para que permaneza oculta no menú do teléfono de tal maneira que tan só a usuaria saiba que dispón desa app.

A ferramenta chámase Escapp e é froito dun convenio de colaboración entre a Xunta e Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia. A aplicación, de descarga gratuíta, está deseñada para informar e apoiar ás mulleres que sofren violencia de xénero e a calquera persoa que detecte na súa contorna unha posible situación de violencia de xénero e queira obter información ao respecto.

 

Pincha na imaxe.

 

A aplicación discorre a través duns ítems moi sinxelos e prácticos, que consiste en primeiros sinais do maltrato, qué facer, tips para a túa seguridade, preguntas frecuentes, preto de min, directorio, chama e infórmate, e galería audiovisual.

 

  1. Primeiros sinais do maltrato: Pautas para identificar si estás vivindo potencias situacións de maltrato.
  2. Que facer: consellos e indicacións de como proceder tanto se a muller é vítima de violencia directamente ou pautas de como actuar para calquera persoa que teña coñecemento dunha situación deste tipo.
  3. Tips para a túa seguridade: ofrece pautas de actuación a quen viva situacións de violencia, tanto se aínda non abandonou a dita situación (ofrece consellos claros e directos de como proceder para rachar con ela), como si xa se denunciou a situación (ofrece consellos para a seguridade física da vítima).
  4. Preguntas frecuentes: contén a resposta ás preguntas que as mulleres que padecen violencia de xénero realizan de xeito recorrente, sobre todo en relación coa denuncia e a súa interposición, sobre a orde de protección e o que implica e sobre os recurso dos que pode dispoñer.
  5. Preto de min: Activa a través do xeoposicionamento da vítima ou persoa que use a APP todo o directorio de recursos existente en Galicia: CIMs, comisarias, hospitais, xulgados específicos etc.
  6. Directorio: Figuran os datos completos da totalidade dos recursos existentes en Galicia (enderezos e teléfonos) .
  7. Chama e infórmate: Solo con pulsar esta opción de establece a chamada directa co 016 ou co teléfono 900400273 de información ás mulleres.
  8. Galería audiovisual: enlaza coa canle que a Secretaría xeral da Igualdade ten activo en youtube e no que se soben os diferente produtos audiovisuais que se elaboren en diferentes proxectos. Se actualiza automaticamente, de xeito que actualizada a canle actualizada a App

 

Distribuir contido