Hoxe queremos poñer o noso pequeniño gran de area e sumarnos a unha reivindicación tan importante como é a do cese de calquera tipo de violencia contra as mulleres. Se pinchades na imaxe e a descargades poderedes usala para confeccionar pegatinas ou chapas nas que as crianzas podan escribir ao voso carón palabras de esperanza para o seu futuro.
A dor, as ganas de fuxir e non poder. O medo, a angustia, a soidade, o propósito. O arrepentimento ficticio e o perdón malentendido... Todo condensado nunha interpretación que se asemella bastante á realidade.