Coeducación, Prevención da violencia de xénero, Construimos igualdade

Muller e ciencia

Educar en Igualdade para evitar a Violencia de Xénero

Cada día podemos ler nos xornais horribles sucesos relacionados coa violencia de xénero. Familias destrozadas por unha convivencia convertida en tortura diaria. As nosas nenas e nenos son permeables a toda esa influencia en forma de información.

Na nosa man está guialos para que medren lonxe deses modelos de comportamento, falando con elas/es abertamente e dándolles o mellor exemplo coa nosa forma de pensar e actuar.

Educar en igualdade quere dicir formar persoas independentes, activas e capaces de enfrontar as dificultades que atopen na súa vida. Mulleres e homes que poden valorar e respectar ao outro porque teñen clara a súa propia valía.

Se pinchades na imaxe poderedes acceder á web "Mulleres de Galicia" unha páxina da Secretaría Xeral de igualdade da Xunta. Alí poderedes atopar todo tipo de información sobre as iniciativas e programas postos en marcha desde a administración sobre este tema.

O seu perfil no Facebook é https://www.facebook.com/igualdadenarede

 

25N - Non á violencia contra as mulleres

 

 

 

Receita do Amor

Ingredientes:
 
• Cuarto e metade de respecto
• Medio quilo de confianza
• Un litro longo de comunicación
• Culleradas sopeiras de atracción
• Unha nube de imaxinación
• Un chorro constante de afecto e comprensión.
 

 

 

 

Distribuir contido