Día de ...

25N Por que o día contra a violencia de xénero é o 25 de novembro?

Pincha na imaxe.

Patria, Dedé e Minerva Mirabal, feministas dominicanas. 

Día Universal dos Dereitos das Crianzas

O 20 de novembro é un día importante para a infancia por varias razóns. Celébrase o Día Internacional das Crianzas, desde 1954, pero ademais é o Aniversario da Declaración Universal de Dereitos das Crianzas, que se produciu en 1959. E ese día en 1989 aprobouse a Convención dos Dereitos das Crianzas, o máis universal dos tratados internacionais. A Convención dos Dereitos das Crianzas establece unha serie de dereitos, incluídos os relativos á vida, a saúde, a educación, e o dereito para xogar, á vida familiar, a estar protexidos da violencia, a non ser discriminados e a que se escoiten as súas opinións.

EN SUS ZAPATOS, unha serie de vídeos para abrir a mente, cuestionar crenzas e entender mellor o mundo dos nenos e as nenas. 

 

 

24O Día Internacional da Biblioteca

Hoxe conmemoramos o Día da Biblioteca, en lembranza da Biblioteca de Saraievo que foi destruída hai 26 anos. Agustín Fernández Paz dicía que «ONDE HAI UNHA BIBLIOTECA HAI UNHA LUZ», para sermos semente nova, para poder agromar. 

Paz Fernández Pereiro

 

21S Día Mundial do Alzheimer Que lle acontece á avoa?

Conto ilustrado que achega a enfermidade de Alzhéimer aos máis pequenos. Que lle pasa á avoa? é unha historia na que dende os ollos dunha nena e mediante as las, os enredos e a calceta, se explica de forma sinxela como os recordos desta anciá están enmarañados. Só cando tece en compañía da súa neta parece que todo recobra unha orde e un sentido. Edición bilingüe en galego e inglés na que as ilustracións, colaxes e fotografías de Miguel Peralta e Xoana Álvarez achegan beleza e colorido a unha historia chea de nós.

Gañadores do concurso de debuxo do "Día da camelia" en Oia

Mateo e Daniel gañaron o 1º e o 3º premio no concurso do "Día da Camelia"

Moitísimas felicidades!!

   

  

Debuxos para o "Día da Camelia" en Oia

Pinchade na foto para que comece o "desfile".

Álbum: Curso 17-18 -> Día da camelia

21F Día Internacional de la Lengua Materna 2018

 

 

DEITADO FRENTE AO MAR

Celso Emilio Ferreiro
 

Língoa proletaria do meu pobo

eu fáloa porque sí, porque me gosta,

porque me peta e quero e dame a gaña;

porque me sai de dentro, alá do fondo

dunha tristura aceda que me abrangue

ao ver tantos patufos desleigados,

pequenos mequetrefes sin raíces

que ao pór a garabata xa nan saben

afirmarse no amor dos devanceiros,

falar a fala nai,

a fala dos avós que temos mortos,

e ser, co rostro erguido,

mariñeiros, labregos do lingoaxe,

remo i arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta

e quero estar cos meus, coa xente miña,

perto dos homes bos que sofren longo

unha historia contada noutra lingoa.

Non falo pra os soberbios,

non falo pra os ruis e poderosos,

non falo pra os finchados,

non falo pra os valeiros,

non falo pra os estúpidos,

que falo pra os que agoantan rexamente

mentiras e inxusticias de cotío;

pra os que súan e choran

un pranto cotidián de volvoretas,

de lume e vento sobre os ollos núos.

Eu non podo arredar as miñas verbas

de tódolos que sofren neste mundo.

E ti vives no mundo, terra miña,

berce da miña estirpe,

Galicia, dóce mágoa das Españas,

deitada rente ao mar, ise camiño...

 

Distribuir contido