Skip to Content

REBORRADIO 

 

historico biblioteca

Visita ao centro "San Xerome"

O luns 10 de febrero tivemos unha saída para coñecer o "PROXECTO XEROME".

O alumnado de 6º de E Infantil e 1º de E Primaria, xunto co alumnado do centro San Xerome, participamos en tres obradoiros preparados por eles de: cociña, arte e sala multisensorialNestes obradoiros puxemos a funcionar todos os nosos sentidos xogando coa escuma, as luces de cores, a pintura, as texturas e incluso fixemos a nosa primeira pizza!

collage

Foi unha experiencia moi enriquecedora e divertida para todos/as nós.

GRAZAS XEROME polo voso traballo, ofertando experiencias tan diversas e chulas como as que estades a facer!!

Foto grupo

 

Día Internacional da Muller e Nena na Ciencia

 

Esta é unha data que cada ano se traballa no centro cara a paliar a brecha de xénero nos sectores STEAM.

Aos postos de maior prestixio chegan menos do 26% das científicas e a tasa de éxito das investigadoras que solicitan proxectos de investigación é inferior a  dos homes.

En decembro de 2015, a ONU proclamou o 11 de febreiro "Día Internacional da Muller e Nena na Ciencia"  co obxectivo de romper as barreiras que encuentran as mulleres e as neas no ámbito científico.

30 xaneiro, Día da Paz

O día 30 de xaneiro , todo o alumnado e profesorado do centro celebramos o Día da Paz. Ao  longo da semana ,  realizaronse  actividades  para   atopar " superheroes" que tiveran " superpoderes" para conseguir un mundo mellor. Así se traballaron valores como: xustiza, empatía, amizade, igualdade...

Todos os traballos quedaron expostos nos corredores arredor de Tepo que, cos seus "superpoderes" , mostrounos unha chea de libros relacionados coa Paz.

 

 

 



by Dr. Radut