Skip to Content

REBORRADIO 

 

historico biblioteca

A máquina do tempo

Dende a Prehistoria ata os nosos días. Se clicas na imaxe podes facer unha interesante viaxe a través do tempo.

                                             

Correlingua 2013 en O Rosal

Correlingua 2013 en O Rosal on PhotoPeach

Correlingua 2013

P { margin-bottom: 0.21cm; }

Correlingua, denominación que adoptaron de forma común as diversas carreiras en prol do idioma que se convoca no país, é unha proposta de carácter lúdico-deportivo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén o dereito a exercer de maneira efectiva como galegos e galegos a través do uso do nosos idioma, única forma de garantir o seu futuro.  (Fonte:http://www.correlingua.org/)

Venres, 10 de maio Correlingua en O Rosal

As coplas dos maios

Estes pequenos xa están cansos
despois de tanta canción
só nos queda despedirnos
deste maio xoguetón.                   EI
Chega o maio todo florido
os maios imos celebrar
inventa unha copla
e con nós poderás festexar       3ºciclo EP
Neste mes de maio
loce moito o sol,
tamén a túa cara
parece unha flor.      1º ciclo EP
 
Con papá, mamá ou avós
tivemos que recoller
o fiuncho, os pampullos
e as laranxas tamén.         EI
Os de 2º son coma rosas
os de 3º e 4º son margaridas
os de 5º e 6º dentes de león
e neste maio todos flores son.  1ºcicloEP
Nas eiras flores colleremos
para colares elaborar
fiunchos e xestas buscaremos
para o maio decorar.      2º ciclo EP

Novo Presidente da RAG

Xesús Alonso Montero novo presidente da Real Academia Galega. As eleccións na RAG foron convocadas tras a decisión de Méndez Ferrín de abandonar o cargo.



by Dr. Radut