Infantil 3 e 4 anos

Googleleando

Estamos aprendendo a buscar imaxes en Google, aproveitando o tema dos animais. Primeiro, escribimos na barra do buscador o nome do animal que queremos buscar, ¡e ten que estar ben escrito!, ¡se non non vale!. Despois, temos que premer no botón de "Búsqueda". escollemos a imaxe, clicando sobre ela, logo na barra azul de "Ver a imaxe a tamaño completo". Logo, premer sobre a imaxe co botón dereito do rato, e clicar sobre "Gardar imaxe como". E por suposto, comprobar se a nosa imaxe quedou gardada na "carpeta de destino".

Aquí tedes algunhas fotos desta actividade. Non saímos todos nas fotos porque algúns necesitamos a axuda da nosa profe e non tiña mans para todo!!!



Pintando un ceo de estrelas

Conseguir que a nosa clase tivese un ceo estrelado foi toda unha aventura... Un día a nosa profe Rosa apareceu cunha "máquina misteriosa" que non sabíamos para que podería servir... Ela dixo que nos axudaría a pintar as estrelas no teito da nosa aula, pero claro... non víamos por onde se lle botaba a pintura a aquilo. E resultou que esta máquina misteriosa chamábase retroproxector e serviunos para proxectar as estrelas no teito... A profe Rosa, subida a unha escaleira colocou unhas chinchetas no teito para saber onde tíñamos que poñer as estrelas.
Agora viña o traballo máis duro: baixar as planchas do teito unha por unha para poder pintar as estrelas... Logo, facerlle as liñas para que quedasen unidas as estrelas de cada constelación... e por último, volvelas a subir...

Ufff! Cánto traballo!!!


 

Pero e que ademáis as estrelas que pintamos no teito da nosa clase non son unhas calquera. Non, non!!! A nosa profe contounos unha historia fantástica duns seres máxicos que disque son da Mitoloxía Grega. Falounos de CEFEO e CASIOPEA, que eran os pais de ANDRÓMEDA, que foi liberada por PERSEO, quen tiña un cabalo alado chamado PEGASO... Falounos tamén de Poseidón, o rei do mar, e de Medusa, que tiña o pelo de serpes e que se a mirabas quedabas de pedra!!!

Tamén falounos dos signos do zodiaco, que son as estrelas que estaban no ceo o día que nacimos e nos nosos aniversarios, porque as estrelas veñen e van e non están sempre no mesmo sitio do ceo...
E tamén ensinounos que no ceo había dúas OSAS... unha máis grande, a OSA MAIOR, e outra máis pequena, a OSA MENOR, e que a pequena tiña o rabiño para arriba porque estaba moi contenta de estar ao carón da súa nai.
Xa vedes que podemos aprender calquera cousa, tan só tedes que achegárnosla!!!

Visita ao Belén de Orden Tercera

No Nadal fomos ver o Belén da Orden Terceira. Encantounos... estivemos super atentos a todos os movementos de estas preciosas figuriñas feitas con tanto mimo polo artesán Alfredo Martín. A nosa Chispa deixóunos un montón de información sobre este artista ferrolán no noso blogue da Biblioteca.

"Algo de máxico ten esta representación na que os seus habitantes, unhas figuras de apenas 10 cm de altura, son capaces de desempeñar labores realmente. O pintor molla a brocha e pinta de verdade, o carpinteiro crava unha punta á vista do público, outro, serra unha
tabla ata partila, mentras os leñadores logran con gran pericia derrubar unha vella árbore, os vendimadores pisan a uva ata obter o seu zume, os albaneis cargan un cubo, ízanno e finalmente descárgano... En total unhas douscentas figuras de movemento, pequenos seres animados dotados dun alento vital que
sorpende pola súa perfección."



Leo e as estrelas

No cole tivemos unha representación de teatro moi especial, xa que os monicreques eran "sombras". Pois si, teatro de sombras no cole da man de Zascandís Teatro, que nos ensinaron un montón de cousas sobre o universo.
E que este ano, é o Ano Internacional da Astronomía, e por iso estamos a traballar sobre a lúa e as estrelas.
Grazas ao Moucho Micholo, a Leo, un neno moi botado para diante, e aos seus amigos Eli, unha astrónoma algo despistada, e Lampi, un vagalume do máis intelixente, aprendimos un montón de cousas...

  • Que para mirar as estrelas e os planetas necesitamos un telescopio.
  • Que a Lúa non é de queixo, que é un pedrolo cheo de cráteres.
  • Que os cráteres os fan os meteoros cando baten contra a Lúa.
  • Que na Terra non caen os meteoros grazas á atmosfera, que os desfai.
  • Que no ceo hai moitísimas estrelas e que éstas agrúpanse en galaxias.
  • Que a nosa galaxia chámase a Vía Láctea, pero que non ten nada de leite.
  • Que na Vía Láctea hai planetas, e descubrimos un que se chama Saturno, que polo visto tiña "orellas"... pero que esas orellas en realidade eran aneis de xeo...
 

Caligrameando poemas de lúa

A SEÑORA LÚA


A LÚA RUEIRA,
COMO ANDA DE NOITE,
SEMPRE ESTÁ TRISTEIRA.
Se queres probar a facer os teus propios caligramas, preme aquí.
Distribuir contido