Infantil 3 e 4 anos

Pintando como Romero Britto

Poucos seredes xa os que non saibades que é o que andivemos a facer esta semana no cole... Pois parece que estamos en tempo de pintura... pintura por fora, pero tamén pintura por dentro... uns con brocha gorda e nós... con pinceis dos finos!!!

Como estamos a traballar coa familia, escollimos este mural de Romero Britto...

Que aínda non coñecedes a Romero Britto??? Pois se premes na imaxe que tes a continuación, poderás dar unha voltiña pola súa web (en portugués).


Romero Britto é un artista contemporáneo ao que lle gusta achegar a arte á xente, polo que en moitas ocasións expón as súas obras na rúa. Por iso, non é extrano que participara na COW PARADE en varias ocasións. Aquí podedes ver algunha das súas vacas, das que andiveron polas rúas de New York.

Houbo quen pensou que non seríamos capaces, pero tras unha semana de duro traballo e grazas á axuda da profe Ana que permitiu que a profe Rosa estivese dedicada a "supervisar" a obra, ben prontiño poderedes ver o resultado no noso Salón de Actos.

Día do Libro 2010

Hoxe, 23 de abril de 2010, celebramos o Día do Libro cunha gran festa na nosa Biblioteca. Este ano, desde o Concello de Ferrol adicóuselle a Xoan Farias esta grande Festa da lectura, do libro e da palabra.

Nos, desde o CEIP de Pazos adicámoslle tamén a el este día, cun precioso audiovisual sobre a figura de este escritor, nado en Serantes e coa ilustración do conto "Cando Arturo escapou da casa".
Aquí tedes as nosas creacións.
Estamos feitos uns artistas!!!

E como sempre que sucede algo especial na Biblio, soou o máxico "Chis-chis-plof-plof!" e apareceu a maleta de Chispa... pero desta vez tamén apareceron uns paquetes cun envoltorio do máis particular... cheíño de letras... e que era o que había dentro??? Neses paquetes e no Día do Libro, por suposto que houbo un montón de libros de regalo para a nosa Biblioteca, para que os poidamos disfrutar todos e todas, tanto no cole como na casa...
E na maleta... pois un montón de agasallos para todos!!! Esta Chispa... non deixa de sorprendernos!!!
E aquí tedes as fotos!!!

Poesía e Imaxe 2010

Como cada ano participamos no Certame de Poesía e Imaxe "En galego, sen filtro" ilustrando poemas, esta vez o elixido foi "My shadow" de Rober Louis Stevenson (1850-1894), que dí:

A miña sombra é pequena e sempre vai conmigo,

Pero qué facer con ela eu non o dou aprendido;

É igualiña ca min, dos pes á cachola,

E cando salto para a cama, salta ao meu carón coma tola.

O máis sobranceiro dela é o xeito que ten de medrar;

Non o fai coma os rapaces, pouco a pouco sen parar,

Porque ás veces como un balón de goma se estira,

E outras vólvese tan pequena que ninguén a mira.

Aquí vos deixo as nosas ilustracións deste poema. Disfrutádeas:

Intercambio de poesía en Educación Infantil

O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, coincidindo co equinocio de primavera. Este ano varios colexios de Ferrolterra decidimos intercambiar poemas para celebralo.
Porque nos gusta a poesía, porque nos gusta a primavera, porque as historias dos poemas fan que na nosa imaxinación revoen milleiros de bolboretas...






Aquí tedes os nosos poemas:

E os que recibimos do CEIP Unión Mugardesa de Mugardos:

Invadidos de vacas tolas - Cow Parade no lugar!

Moitas veces, olvídasenos que o verdadeiramente importante nunha aula de infantil sucede por debaixo do metro de altura... Por iso quixen que fosen eles mesmos quen tiraron as fotos nesta actividade, porque nela eles e elas eran os protagonistas... Poñerse de acordo, cooperar, manexar utensilios con destreza e confianza...

A verdade e que esta invasión de vacas tolas e coloristas foi todo un éxito!!!

Esta compilación de fotos é unha selección de todas as que se sacaron nesos días e na que só hai unha que foi sacada pola profe... Ten un punto de vista algo máis "elevado", así que, con esa pista podedes xogar a descubrila.
Ao final saen varias fotos dos utensilios, que aínda que para un adulto poderían pasar desapercibidos na escena, para os verdadeiros protagonistas deber ser realmente importantes, polo número de fotos que había deles.

E aquí tedes os fotógrafos!!!
Distribuir contido