6º Primaria

TRABALLANDO a reprodución sexual nas plantas

29/09/2011 12:15
29/09/2011 14:00
Etc/GMT

Estes días atrás estivemos a estudar a reprodución asexual nos seres unicelulares, nos invertebrados sinxelos e máis nas plantas. Por último, a reprodución sexual nos animais e nas plantas. Recordamos que é sexual porque nela interveñen dous individuos.
Aprendimos que as flores son os órganos reprodutores na maioría das plantas, estudamos as súas partes e elaboramos os nosos debuxos nas libretas:

Por último, saímos a coller mazás, abrilas e analizar o seu interior. Despois tivemos que comelas porque... están tan ricas...!



miracebo

Distribuir contido