3º ciclo de Primaria

Traballando coas lupas binoculares


O outro día estivemos mirando coas lupas binoculares o interior dalgunhas flores que collemos no campo do cole.

Puidemos observar o pistilo, os estames, a corola, o cáliz e tamén diversas raíces. Despois de identificar as partes que estabamos estudando probamos a mirar outros materiais como a casca dunha noz, a pel dun dedo, unha moeda, diversas teas, terra,... É impresionante todo o que esconde o mundo microscópico. Ás veces dá un pouco de ... grrrrbrrrruuubbrrr. Pero sempre é alucinante e sorprendente. ¿A que si?

Distribuir contido