3º ciclo de Primaria

EXPERIMENTANDO COA MATERIA

Antes de comezar a nosa longa sesión de hoxe, recordamos algo importante, xa que estamos a traballar coa materia e os seus cambios.
Primeiro, as propiedades xerais da materia: a masa e o volume; e as propiedades específicas da materia, entre elas, a densidade.
Despois, o que é unha substancia pura e en que se diferencias das mesturas e disolucións.
E por último, catro xeitos de separar os compoñentes dunha mestura: filtración, decantación, o magnetismo e a evaporación.
Manipulando e facendo estes sinxelos experimentos pensamos que será máis doado recordar todo isto.

Cada quen aportou algún dos elementos e botamos man do material do laboratorio. Aínda que hoxe facía algo de frío alí; mellor facelo na clase, quentiños. Trouxemos sal, garavanzos, manteiga, aceite, auga, alcohol, ferro, puntas de ferro, cuarzo, serrín, diferentes imáns, tinta, café, vinagre, ...


FACEMOS O NOSO RECANTO. HORA DE LER

Xa antes de rematar o primeiro trimestre adicamos algún tempo antes de clase, na hora dos recreos, na hora de plástica e nalgún outro ratiño, a crear un fermoso espazo onde gardar os libros e as revistas que temos na aula para o momento de "HORA DE LER" e para os OUTROS MOMENTOS tamén, claro.
Ch
ispa adiantóusenos e colgou a reportaxe no blog da Biblio.

CHARLA SOBRE ENERXÍAS RENOVABLES

Hoxe tivemos unha charla sobre a enerxía. Despois do recreo veu Paula, unha chica de GasNatural Fenosa e deunos uns papeis con preguntas para responder. Falamos sobre as enerxías renovables e non renovables, e sobre como aforrar enerxía.
E sobre as preguntas... acertamos case todas. ¡QUE LISTOS SOMOS!

ENTRE LIBROS

Aínda que non vos contaramos nada, este curso, coma vén sendo habitual, comezamos a nosa "HORA DE LER". Aquí tedes algunhas fotos.
Palabras de Caramelo, Ás de mosca para Anxo, Boas noites, Miña irmá ten síndrome de Down, E que?; Tercer Viaje al Reino de la Fantasía, La Vuelta al Mundo en 80 días, Historias e algún percance todas ditas en romance, 20.000 leguas de viaje submarino, Los recreos del pequeño Nicolás, Xela volveuse vampira, Las 323 adivinanzas más famosas e a revista Muy Junior, completan a nosa lista. Claro que isto era a principios de curso. Xa vos contaremos como imos agora.

ATA PRONTO!

Facemos buxainas

Esta é a primeira entrada desta nova etapa. Atoparedes novas de 5º, de 6º ou de ambos cursos xuntos.
Hoxe estivemos traballando coas serras de pelo para facer unhas buxainas que vos ensinaremos o vindeiro día. Hai que apurar, que o 11 deste mes celebramos o Día do Peón. Mmmmm! e tamén o magosto.
Distribuir contido