Infantil 5 anos

Unha etapa que acaba...

... e outra que comeza. Novas ilusións, novos libros, novos profes, novas cousas por descubrir e aprender... Levades unha boa equipaxe. Non a deixedes polo camiño.
Foron tres anos compartindo vivencias, risas, descubrimentos, segredos...

E eu so podo darvos as grazas, a todos.


De paseo por Doniños

E para rematar o curso, que mellor forma que sair de excursión? Fixemos unha pequeniña ruta de senderismo pola zona de Doniños cunha pequena paradiña para tomar a merenda.

Camiñamos moito, moito, moito... pero como xa somos maiores non nos queixamos nada... bueeeeno... case nada.

A maior parte destas imaxes foron gravadas polos nenos da clase. Distínguense facilmente polo "punto de vista" máis baixo.

Se queredes ver unha reportaxe fotográfica super-completa, preme aquí.

Escribimos un comentario no blogue da biblio

Como homenaxe ao noso Xoán Farias, decidimos escribir un comentario no blogue da Biblio. Costou un pouco, porque non estamos acostumados a usar o teclado para escribir. Dásenos mellor o lapis e o papel, pero é unha ocasión especial na que tamén queremos deixar o nosa pegada.

Entre varios escribimos este pequeno texto. Animámosvos a que fagades vós o mesmo!!!

Kandinskeando

E aquí está o noso traballo plástico da semana. Estamos facendo a nosa propia interpretación do cadro

"ESTUDO DE COLOR CON CADRADOS E CÍRCULOS CONCÉNTRICOS"
Desfrutade coas fotos!!!

Moi pronto veredes o resultado final...
E velaiquí tedes o resultado!!! Éste é o noso ...
"ESTUDO DE COLOR CON CADRADOS E
CÍRCULOS CONCÉNTRICOS".

Comparádeo co orixinal de Wasilly Kandinsky.

Moi pronto un mantel individual para as vosas casas!!!

Dia da Poesia e o Teatro 2011

Hoxe venres, celebramos o Día Mundial da Poesía (21 de marzo) xunto co Día Mundial do Teatro (27 de marzo) cunha pequena reunión na nosa Biblioteca, para a que estivemos preparando este precioso video coas nosas voces, recitando os poemas sobre nos mesmos que inventamos hai xa un tempiño.
Que difícil que foi falar polo micro sen trabucarse!!! E aínda así...

Querémolo compartir con vós!!!

Distribuir contido