Eventos
ACTIVIDADE ANULADA POR RAZÓNS DA INFRAESTUCTURA DO TEATRO JOFRE
O teatro tivo unha avaría no telón de seguridade do escenario
e a día de hoxe non está reparada.
Aviso recibido ás 10:20 horas do 21/03/2011
O martes 22 de marzo, os rapaces e rapazas do 2º e 3º ciclo de Educación Primaria asistirán ao Teatro Jofre para participar do espectáculo musical e teatral "As formas da música".
Mostraranse algunhas das formas e estructuras máis sinxelas utilizadas ao longo da historia. En escena, un grupo de instrumentistas-actores, un director e un presentador algo músico, buscarán a complicidade do público para conseguir unha escoita atenta e participativa.
Hoxe, venres 25 de marzo, celebraremos na Biblioteca o Día Mundial da Poesía e o Teatro cunha escolma poética e unhas pequenas representacións teatrais na que participarán todos os nenos e nenas do colexio.
![](http://3.bp.blogspot.com/-bEvDK4HpnLg/TY-R4NfdIDI/AAAAAAAAB3o/Oup9o_nBVtk/s400/Reajustado_DSC_0489.jpg)
![](http://3.bp.blogspot.com/-z-V1906bjzY/TY-T1Zn4gII/AAAAAAAAB3w/AfcMvaiAPyg/s400/Reajustado_DSC_0491.jpg)
Se queredes ver un fermoso video, premede en pequesPazos.
O martes 5 de abril os rapaces e rapazas de 2º e 3º ciclo de Primaria asistirán a unha representación teatral en inglés no Teatro Jofre.
Sinopse: Cindy sempre quixo ser unha estrela do pop, pero o único momento no que pode cantar é cando está a cociñar e limpando para a súa horrible irmá maior, Becky. Becky está obsesionada con comer chocolate e comida rápida e en xogar a xogos de video. Cando a fada madriña de Cindy "A raíña do Karaoke" vén visitala, parece que os seus soños se van facer realidade.
Esta emocionante comedia é unha moderna versión do conto de fadas clásico "A Cinsenta". O espectáculo inclúe temas como a boa alimentación e vivir activamente perseguindo sempre os nosos soños.
![Events at <em>CEIP de Pazos</em> Distribuir contido](/centros/ceipdepazos/misc/feed.png)