Celebración do Día Mundial da Poesía e o Teatro

25/03/2011 12:15
25/03/2011 13:55
Etc/GMT

   Hoxe, venres 25 de marzo, celebraremos na Biblioteca o Día Mundial da Poesía e o Teatro cunha escolma poética e unhas pequenas representacións teatrais na que participarán todos os nenos e nenas do colexio.




Levamos unha semana con intercambio de poesías. Este é o terceiro curso en que decidimos agasallarmonos con poemas. ¿Recordades? "¿HAI VERSOS PARA MIN?" Claro que si! Todos os días visitamos a biblio para ver se alguén nos deixou algún verso de agasallo; ou, se cadra, a deixar algún sen que nos vexa demasiada xente... SORPRESAAA!!! Os libros de poesía da nosa Biblioteca non pararon de pasear dos andeis ou da exposición ás clases, ás casas, outra vez á biblio... - Pois déixame ese libro, anda, que teño que copiar un poema para enviarlle a... - A min encantoume o de... - Profe, profe! Que tes versos na biblio... - Hala!! Que non tes versos? Mmmm! Xa verás como mañá si. Algúns ímolos colocándoos na parede para compartilos cos demais. Pero este venres celebramos o día. Houbo tempo para poemas e para unha pequena escenificación tamén. Noraboa a todos e a todas pola vosa participación, polo voso traballo e entusiasmo.
QUE VIVAN A POESÍA E O TEATRO!!

Se queredes ver un fermoso video, premede en pequesPazos.