Skip to Content

Novas

Festival de Nadal

ESTAMOS DE VOLTA!

Reunión coas familias do alumnado que estará en 5º de Primaria no curso 2022-2023

O DÍA 29 DE XUÑO ÁS 11:30 FARASE UNHA REUNIÓN NO COLEXIO PARA DAR INFORMACIÓN SOBRE O PROGRAMA EDIXGAL QUE TERÁN OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 5º DE PRIMARIA PARA O CURSO 2022-2023

 

EspazoAbalar: E-dixgal

NOVO PROTOCOLO COVID

Dende o pasado venres temos novo protocolo covid que chega dende a consellería. Adxuntámolo para a vosa información.

DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN VEN DE PUBLICAR HOXE UNHAS DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO ESCOLAR.

ESTO É UN RESUMO DO QUE NOS ATINXE A NÓS

 

Obxectivo

Este documento ten como obxectivo describir as situacións nas que se mantén a obrigatoriedade do uso da máscara no ámbito educativo e establecer as recomendacións de uso da máscara noutras situacións non contempladas dentro das anteriores.

Situacións nas que se mantén a obrigatoriedade do uso da máscara

Tras a publicación do Real Decreto 286/2022, do 19 de abril, polo que se modifica a obrigatoriedade do uso de máscaras durante a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, as persoas de seis anos en diante quedan obrigadas ao uso de máscaras no transporte público, incluíndose dentro deste, o transporte escolar.

Excepcións á obrigatoriedade do uso de máscara

 A obrigación do uso da máscara reflectida no apartado anterior non será esixible nos seguintes supostos:

 • Persoas de menores de 6 anos.

 • Persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que poida verse agravada polo uso da máscara ou que, pola súa situación de discapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía para quitarse a máscara ou ben presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización.

• No caso de que, pola propia natureza das actividades, o uso da máscara resulte incompatible, conforme as indicacións das autoridades sanitarias.

 Situacións nas que se recomenda manter o uso da máscara

Neste contexto normativo no que a máscara non resulta obrigatoria é especialmente relevante lembrar a importancia de manter o resto de medidas de protección que, ao longo da pandemia, téñense amosado eficaces. Así, a hixiene de mans, a ventilación e evitar as aglomeracións seguen a ter un alto valor protector. Con todo, débese ter en conta que nos centros educativos pode haber poboación vulnerable entre o alumnado e o persoal docente e non docente, polo que a máscara resulta nestes colectivos vulnerables particularmente recomendable. Por outro lado e a pesar de que en Galicia o 95,5% da poboación susceptible de vacinar xa está vacinada e que que en concreto, na poboación de 5 a 11 anos é a comunidade autónoma coa maior cobertura de toda España, con máis do 60% desta poboación con dúas doses administradas, é preciso aumentar esta cobertura para acadar maior protección. Polo tanto, e atendendo ás particularidades descritas, resulta recomendable, con carácter voluntario, o uso da máscara no interior dos centros educativos tanto por parte do alumnado coma dos/as traballadores/as do centro.

Enquisa Tic's

Aqui tedes un modelo cuberto da enquisa

Distribuir contido


by Dr. Radut