Skip to Content

Música

Día Internacional da muller

O alumnado do centro celebrou o Día Internacional da muller realizando diversos traballos en cada clase e cantando unha canción en común, ademáis dun manifesto lido por alumnado de 6º de primaria.

 Desde a primeira etapa de infantil ata 6º de primaria, dende o noso centro reivindicamos este día, por unha igualdade e respecto entre todos e todas!

 

 

Día Internacional da Infancia

O Día Mundial da Infancia, que se celebra todos os anos o 20 de novembro, é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo.

O Día do Niño celebramos os avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos e nenas máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

 

 

Vídeo musical de Samaín

Pica na imaxe para ver o vídeo

 

Canción GLU GLU GLU!

Festa dos Maios e Letras Galegas

GRAZAS A TODOS POLA PARTICIPACIÓN!! Abaixo, no adxunto tedes un vídeo co resumo do día de hoxe.

FELIZ DÍA DAS LETRAS!

Visita do CMUS Lugo

Hoxe tivemos a sorte de ter connosco a unha parte do profesorado co Conservatorio Profesional de Música de Lugo. Viñeron a mostrarnos os instrumentos de vento metal. 

Como nos gustou!

Visita do CDAN

Tivemos a  visita de Isabel, profesora de Conservatorio de Danza de Lugo, que veu a facer unhas actividades  de música e movemento.

ENCANTOUNOS!!!

Aprendendo a tocar a guitarra

O alumnado de terceiro de primaria está coñecendo os instrumentos de corda, e temos a sorte de ter con nós a profesora de prácticas que é guitarrista e trouxo o seu instrumento para que poidesen probar ademais de explicarlles as súas características. 

 

Construcción de instrumentos de cuerda

Despois de estudar as diferentes familias de instrumentos, parámonos nos de corda, e na súa grande variedade. 

Acabamos construíndo o noso propio.

 

Actuación de Migallas

Para conmemorar o día do Libro, que este ano coincídenos en domingo, tivemos a sorte de contar no noso centro co grupo MIGALLAS. 

Contáron contos sobre diferentes mulleres as cales "Pintaban moito".

Todo o centro gozou do espectáculo. 

Fichas de entroido 2023

30 de enero. Día de la Paz

Dia da PAZ

 https://view.genial.ly/6002eab19680a90d0133104a/presentation-dia-de-la-paz

25 Novembro. Día Internacional Contra a violencia de xénero

Quixemos darlle un cambio a letra de Rosalía e a súa despeitá para chegar a todos e todas para lograr un cambio na sociedade. Esperamos que vos guste.

Tamén compartimos con todos vós o vídeo que realizamos as persoas que conforman a comunidade educativa.

 
 
Contacontos, A igualdade. En colaboración co Concello

Dia Universal dos dereitos do neno

Hoxe estades de celebración, chicos/as!!!! É o voso día. Unha conmemoración que pretende forxar un mellor futuro para vós e recoñer ás persoas e profesionais que traballan en favor vosa. Para celebralo, compártovos este rap, en galego, titulado "Os dereitos dos nenos".

https://youtu.be/XYDYHE_YTuc

Chega o Samaín! Halloween is coming!

 

 

 

 

Día Internacional da música

 

21 de Xuño, conmemórase o día Internacional da música.

O precursor desta idea foi o músico norteamericano Joel  Cohen no ano 1976, quen propuxo que os grupos musicais tocasen durante os dous solsticios que se celebran cada ano, o primeiro, o 21 de xuño e o outro, o 21 de decembro, o cal se converteu nun feito a partir dese mesmo ano, en  Toulouse, Francia.

Aquí déixoche unha listaxe dalgúns dos beneficios que a música pode achegar á túa vida: 

 - A música é un instrumento valioso para desenvolver a intelixencia, mellora a memoria e a concentración.

 - Axuda a lidar con certas enfermidades, problemas de estrés e depresión.

 - Sábese que a música fai que as persoas se sintan máis felices.

 - É unha ferramenta valiosa para traballar os valores como a tolerancia, o respecto, a solidariedade, nos nenos.

 

 

Letras Galegas e Maios 2022

Neste día solleiro celebramos os Maios, dende Infantil  a Primaria. Ademais celebramos o día das Letras Galegas cunha adaptación duns versos do conmemorado Forencio Delgado Gurriarán.

Tamén realizamos o baile tradicional coa melodía de Terra, das Tanxugueiras.

Nenos, nenas                                                                      Nenos, nenas

vinde á pandeirada                                                              vinde á pandeirada

tocar co adufe                                                                     batendo co adufe

as fereñas da risada.                                                            e tocando no noso peito.

 

 

Música para o día do libro 23-4-22

Chega a primavera

Mural feito polo alumnado de 3 anos
 
With these 5th and 6th of primary pupils´creations, we want to welcome SPRING!
Con estas creacións do alumnado de 5º e 6º de primaria, queremos dar a benvida á PRIMAVERA!
 
 
 
 
 
 

Chega a PRIMAVERA- Mamá Cabra

Visita do Conservatorio Profesional de Música de Lugo

Esta semana tivemos a visita dunhas profesoras do CMUS de Lugo, para ensinarnos algúns dos moitos innstrumentos que imparten no centro. Por aquí deixamos algunha mostra.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut