Skip to Content

Secretaría

Apertura do prazo para a reserva de praza no IES Sanxillao o vindeiro curso 2024-2025

Ábrese o proceso de reserva de praza para o alumnado de 6º de primaria matriculado no presente curso no C.E.I.P.  Plurilingüe O Corgo e que, no vindeiro curso, pretende continuar os estudos no “IES Sanxillao” (Lugo), o noso centro de adscrición.

O prazo de presentación de solicitudes é do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro

Cómo se realiza a reserva de praza?

  • De xeito manual empregando o formulario que se envía en papel
  • De xeito telemático, a través da aplicación de admisiónalumnado                                       (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) no menú Solicitudes> Reserva>Crear.

Cómo e onde se presentan as solicitudes?

Presencialmente no noso CEIP ou pola Sede Electrónica coa chave365 ou certificado dixital.

Lexislación aplicable: 

· Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

· Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

LISTAXE DE LIBROS PARA O CURSO 2023/24

Recomendamos non mercar ningún libro ata falar co titor/a no mes de setembro.

SOLICITUDE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2023/24

NORMATIVA: 

 Orde do 10 de maio de 2023

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230519/AnuncioG0655-100523-0001_gl.html

DESTINATARIOS:

Fondo solidario de libros de texto para o alumnado matriculado en 3º e 4º de Ed. Primaria.

Axudas para adquirir libros de texto para o alumnado matriculado en 1º e 2º de Ed. Primaria.

Axudas para adquirir material escolar para todo o alumnado de Ed. Primaria.

PRAZO: do 20 de maio ao 21 de xuño.

FORMA DE RESENTACIÓN:

- Por  vía electrónica no formulario normalizado ED330B (anexos I e II) dispoñible na aplicación: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

-  A través da sede electrónica da Xunta de Galicia  https://sede.xunta.gal

- Na secretaría do centro.

DOCUMENTACIÓN:

- Solicitude cuberta e asinada.

- Copia do libro de familia que conteña todas as páxinas da unidade familiar (pais e fillos/as).

OUTRA DOCUMENTACIÓN:

    -  En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

-  Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

 

PRAZOS

CENTRO

ALUMNADO/FAMILIAS

Presentación de solicitudes

 

Do 20 de maio ata o 21 de xuño de 2023

Publicación de listaxes provisionais

28 de xuño de 2023

 

Reclamación ás listaxes provisionais

 

2 días seguintes á publicación

Publicación das listaxes definitivas

3 de xullo de 2023

 

 

 

Listaxe definitiva de alumnado admitido no curso 2023-2024

Todo o alumnado que solicitou praza está admitido.O próximo trámite a realizar será a matrícula do 20 ao 30 de xuño.

Admisión alumnado curso 2023-2024


  • Datas: Do 1 ao 20 de marzo de 2023, ambos inclusive, estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para alumnado de nova incorporación ao centro.
  • Vacantes curso 2023-2024 e prazos (documento adxunto).
  • É necesario cumprimentar o anexo II (documento adxunto) e asinar ambos proxenitores a solicitude e a comprobación de datos. Asemade, hai que entregar unha fotocopia do libro de familia con todos os membros.

Volta ao cole!

7/9/22- Instrucións conxuntas ao respecto das recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023 (Pica no enlace)

 

Segundo a Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. as actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e de formación profesional realizaranse desde o día 8 de setembro de 2022 ata o 21 de xuño de 2023, ambos inclusive.

 
 

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2022-2023

PUBLICAMOS A LISTAXE DE LIBROS PARA O VINDEIRO CURSO, COA RECOMENDACIÓN DE QUE NON OS MERQUEDES ATA FALAR COAS TITORAS OU TITORES .

Reunión coas familias do alumnado que estará en 5º de Primaria no curso 2022-2023

O DÍA 29 DE XUÑO ÁS 11:30 FARASE UNHA REUNIÓN NO COLEXIO PARA DAR INFORMACIÓN SOBRE O PROGRAMA EDIXGAL QUE TERÁN OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 5º DE PRIMARIA PARA O CURSO 2022-2023

 

EspazoAbalar: E-dixgal

Novos teléfonos do centro

Novos teléfonos do centro :

 

Dirección :  982 82 92 15

 

Secretaría :  982 82 92 16

 

Móvil  :         622 423 392

 

Distribuir contido


by Dr. Radut