Skip to Content

Actividades

CAMBIO DE ETAPA

Hoxe realízase no centro unha charla sobre a Etapa de Secundaria, dirixida ás nais e pais do alumnado de 6º de EP, na que a orientadora falará sobre os cambios máis importantes a ter en conta no tramo final da ensinanza obrigatoria, a súa estructura, características da avaliación, e materias. Ademais acompañarannos antigas nais e pais, que compartirán cos asistentes a súa experiencia nesta nova fase educativa.

 

Festa de Entroido 2023 Concello de O Corgo

Saída a Avifauna

Hoxe, o alumnado de Infantil e e 1º e 2º de Primaria foron de excursión a Avifauna, parque ornitolóxico. Puideron acercarse e coñecer as diferentes aves.  Viñeron encantados!

 

 

Saída para coñecer o noso patrimonio

O Concello do Corgo, en colaboración coa Diocese de Lugo, e a través do Proxecto CORGORAL, está a promover o Programa “Coñece o teu patrimonio”.

De entre todas as manifestacións artísticas que atesouran as nosas parroquias escollemos dúas que poden servir de exemplo para comprendermos mellor o patrimonio cultural material e inmaterial corgués: o belén da igrexa de San Martiño de Folgosa e as pinturas murais do templo románico de Santalla do Alto.

 

https://www.concellodocorgo.com/

 https://www.diocesisdelugo.org/

 

 https://www.concellodocorgo.com/index.php/corgoral/proxecto-corgoral.html

PUNTO DE ATENCIÓN Á LECTURA NO CORGO.

Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL, celebra o vindeiro sábado 23 de Abril, Día Mundial do Libro, coa presentación pública da Biblioteca do Punto de Atención á Lectura. O acto terá lugar ás 20 horas nas Antigas Escolas de Agros e contará coa presenza das autoridades locais e dos representantes de diversas institucións culturais. Por outra banda, os membros da Asociación Cultural A Legua Dereita interpretarán varias pezas de música tradicional e serán distribuídos entre o público asistente vinte lotes de libros expresamente ofrecidos para este evento pola Asociación Cultural Arumes e polo concello.

A posta en funcionamento da Biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo está a ser posible grazas ás xenerosas e desinteresadas doazóns de publicacións ofrecidas por diferentes particulares e institucións, entre os que se atopan, a título de exemplo, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Seminario Diocesano de Lugo, a Deputación Provincial de Lugo, a Fundación Barrié, o Instituto de Estudos Chairegos, o Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña, o Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga ou a Real Academia Galega de Belas Artes.

Estades tod@s convidad@s! Contamos coa vosa presenza!

NOVAS

Distribuir contido


by Dr. Radut