Skip to Content

Taboleiro

Día do libro 2024

O alumnado de 6º de primaria realizou unha exposición sobre o día do libro, falando dos grandes escritores da nosa historia.

Ademáis, todo o centro,  realizou un mural sobre o libro favorito de cada un.

 

 

Fontán e o Corgo

Tivemos a sorte de recibir nas aulas de 5º e 6º a Mario Outeiro que nos veu a falar de Domingo Fontán e a importancia que tivo para O Corgo, coa a creación do mapa de Galicia do siglo XIX increiblente exacto. No ano 1834.

Fontán entregou 20 anos da súa vida en realizar a carta xeométrica de Galicia, un mapa que retrata o territorio cun rigor que, en moitos lugares, non se conseguiu superar ata que o ser humano puido enviar satélites ao espacio. 

Dylan Torrón e "O peixe é saúde"

Dylan Torrón, alumno de 6º de primaria volve a gañar outro premio, neste caso, a Consellería de Mar e o Periódico El Progreso entregoulle o segundo premio de debuxo O PEIXE É SAÚDE onde se poñía en alza a alimentación sana desde a infancia. Recibiu unha cámara fotográfica.

Bravo Dylan!

Día Internacional da muller

O alumnado do centro celebrou o Día Internacional da muller realizando diversos traballos en cada clase e cantando unha canción en común, ademáis dun manifesto lido por alumnado de 6º de primaria.

 Desde a primeira etapa de infantil ata 6º de primaria, dende o noso centro reivindicamos este día, por unha igualdade e respecto entre todos e todas!

 

 

Xornada de Portas Abertas

Este mércores 21 teremos una xornada aberta de 16:00 a 18:00 para todo aquel que queira coñecernos.

VENNOS  VISITAR!

 

Chega o Entroido ...

 

 

 

DIA DA PAZ E A NON VIOLENCIA 2024

O alumnado do centro celebrou o día da Paz e a non violencia cantando e interpretando diferentes cancións referidas á PAZ, ademáis cada grupo informouse dun premiado polo Nobel da Paz e a súa procedencia, expuxérono para todo o centro e situárono no mapa que realizaron.

O CEIP PLURILINGÜE DO CORGO LOITANDO POLA PAZ

Premio Arumes do Corgo

Mia Shine , de 6° de Primaria, gañadora do 1° premio de literatura galega dentro do concurso de Arumes de O Corgo.

 

Gañador do XI concurso Postais Asociación Farmacéutica de Lugo

Enlace a páxina

GAÑADOR: DYLAN TORRÓN PLANET de 6° de Educación Primaria

Parabéns!!!!

 

25 de Novembro. Día Internacional Contra a Violencia

PICA NA IMAXE PARA VER O VÍDEO DO DÍA.  Podedes descargalo nos adxuntos 

Día Internacional da Infancia

O Día Mundial da Infancia, que se celebra todos os anos o 20 de novembro, é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo.

O Día do Niño celebramos os avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos e nenas máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

 

 

Contacontos: Historia dunha gaivota

Hoxe estivo con nós Luis Sepúlvera de Trécola Producións presentándonos a fábula "Historia dunha gaivota" para dar importancia ao tema da solidariedad, a importancia de protexer aos máis débiles.

 

Vídeo musical de Samaín

Pica na imaxe para ver o vídeo

 

Samaín - Halloween m Magosto

Menudo día terrorífico vivimos hoxe! Grazas a todo o alumnado e ás familias que colaboraron para que todo estivera ambientado e pola recolleita de castañas. 

Aquí unha mostra con fotos e vídeos.

Vídeo completo

Vídeo das cabazas

 

Día das Bibliotecas 2023

Damos por iniciada a tempada da BIBLIOTECA celebrando este día co préstamos de libros e o terceiro ciclo utilizou o produto de tempada, como son as castañas, para facer con elas, a personaxe do noso conto favorito.

Pica na imaxe para ver o vídeo

Visita ao Club de Billar de Adai

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º visitaron a escola de Adai onde está situado o CLUB DE BILLAR,  dende o programa XOGADE promovido pola Xunta. Pica no foto para ver o vídeo

 

 

Contacontos

Tivemos a sorte de ter con nós un contacontos con música en directo.. 

Grazas ao Concello de O Corgo.

Corpos xeométricos

O alumnado de 6º realizou tan so cuns escarvadentes e plastilina diferentes figuras xeométricas.

Picando na imaxe tedes un pequeno vídeo.

 

VICHES O LEÓN?

O alumnado de 6º de Infantil preparou a súa versión do conto Viches o león? da Editorial OQO dentro do Programa de Estimulación da Linguaxe Oral co seu profesor Jesús.

Festa dos Maios e Letras Galegas

GRAZAS A TODOS POLA PARTICIPACIÓN!! Abaixo, no adxunto tedes un vídeo co resumo do día de hoxe.

FELIZ DÍA DAS LETRAS!

Visita do CMUS Lugo

Hoxe tivemos a sorte de ter connosco a unha parte do profesorado co Conservatorio Profesional de Música de Lugo. Viñeron a mostrarnos os instrumentos de vento metal. 

Como nos gustou!

Visita do CDAN

Tivemos a  visita de Isabel, profesora de Conservatorio de Danza de Lugo, que veu a facer unhas actividades  de música e movemento.

ENCANTOUNOS!!!

Navega con rumbo

Hoxe tivemos a visita do programa Navega con Rumbo onde nos explicaron os perigos das redes, e como evitalas.

Cuentacuentos de 6º EP

El alumnado de 6º ha creado sus propios cuentos para el día del libro, y eligieron representarlos para los compañeros y compañeras de infantil. 

 

Cocinando cañas en infantil

Coa axuda de Iago, o alumnado de 5º de Infantil preparou unhas cañas.
Que ricas saíron!

Aprendendo a tocar a guitarra

O alumnado de terceiro de primaria está coñecendo os instrumentos de corda, e temos a sorte de ter con nós a profesora de prácticas que é guitarrista e trouxo o seu instrumento para que poidesen probar ademais de explicarlles as súas características. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut