Skip to Content

Proxecta

Visita ao Club de Billar de Adai

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º visitaron a escola de Adai onde está situado o CLUB DE BILLAR,  dende o programa XOGADE promovido pola Xunta. Pica no foto para ver o vídeo

 

 

Saída á Fundación de Abanca e o Museo Provincial

O alumnado de Infantil e 1°, 2° e 3° de primaria visitaron Abanca para ver a exposición  Lugo, a cidade do tempo e o Museo Provincial a exposición de María Corredoira e a facer as actividades de Mulleres Artistas.

Actuación de Migallas

Para conmemorar o día do Libro, que este ano coincídenos en domingo, tivemos a sorte de contar no noso centro co grupo MIGALLAS. 

Contáron contos sobre diferentes mulleres as cales "Pintaban moito".

Todo o centro gozou do espectáculo. 

Saída de ruta, Rocódromo e Gadis

O alumnado de terceiro a sexto gozaron dunha saída ben animada, realizaron unha ruta polo paseo do Miño, visitaron o Gadis para coñecer a mellor forma de alimentación e visitaron o rocódromo onde puideron practicar a escalada coa axuda dos monitores. 

 

Visita do Club Deportivo Lugo

O Club Deportivo Lugo visitounos. O xogador Alex Pérez, defensa central, contestou a todas as preguntas que lle fixeron e contou diferentes anécdotas.

De regalo unhas entradas  para o partido de este domingo.

 

Día da muller

Puxémoslles ÁS  a toda a comunidade educativa para conmemorar o Día da Muller para que todas podamos voar libres e sen complexos. PICADE NO VÍDEO

Cata de mel

Tivemos a visita do Consello regulador de mel de Galicia para explicarnos e darnos a probar a mostra da mel. 

QUE RICA ESTABA!

Taller de alimentación

Que divertido é saber comer ben! e nós comprobámolo nos  talleres sobre comida saudabel, no que entre outras cousas aprendimos a facer nocilla caseira e tortitas.

Cómo nos puxemos!

 

 

Plan Proxecta

 

Plan Proxecta+ (Curso 2022/23)

O Plan Proxecta+ é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional y Universidades en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que fomenten o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial pero que ademais estean comprometidos coa consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030.

O programa abarca diversas temáticas vencelladas aos mencionados obxectivos: igualdade e educación afectivo-sexual, movilidade sostible, educación patrimonial, hábitos de vida saudables (alimentación e vida activa e deportiva), desenvolvemento sostible e concienciación medioambiental, ciudadanía mundial, etc. Para conseguir acadar os obxectivos plantexados, este plan promove a realización de proxectos interdisciplinarios que fomenten o papel activo do alumnado ante os desafíos sociais, económicos e medioambientais da sociedade actual e do futuro e poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega.

Este curso participamos

  • Proxectos de Vida Activa e Deportiva - PVAD (curso 2022/23) - Modalidade: Máis e mellor actividade física (MMAF)

 

  • Donas de si

Obradoiro EDUSostibilidade

Hoxe volveron a visitarnos  para traballar no obradoiro de Sostabilidade . Continuaremos a próxima semana.

Distribuir contido


by Dr. Radut