Skip to Content

Normalización Linguística

Día de Rosalía de Castro

Hoxe, venres 23 de febreiro rendímoslle unha homenxe a unha grande da cultura galega, recitando a súa alborada, coa música da gaita de Ricardo Portela.

Pica na imaxe para ver o vídeo

Chegou o Entroido.

Orixe

O entroido é unha das festas máis antigas que se celebra en toda Europa. A súa orixe está nas celebracións das tarefas agrarias e a chegada da primavera, pero ten elementos de orixe romana, cristiá e medieval.

En Galicia ten moita tradición e moitos nomes: Entroido, Antroido, Intruido, Entruido, Entrudo e Entroiro. Todos teñen a súa orixe no termo latino introitus, que significa entrada e que sinala a entrada nunha nova estación, a primavera. Tamén se chama carnaval. Para os cristiáns esta festa significa a despedida da carne antes de empezar a abstinencia da Coresma.

O Entroido é unha época de festa e moita diversión no que o máis importante é disfrazarse e pasalo ben.

 

O 25 de novembro conmemoramos o Día contra a Violencia de Xénero.

Día contra a Violencia de Xénero.

O 25 de novembro conmemoramos o Día contra a Violencia de Xénero e para conmemorar esta data realizaranse diferentes actividades no centro. Dende o Equipo de Normalización propoñémosvos un par de actividades para realizar neste día.

 Por unha banda podedes ver a lectura do libro O libro dos Porcos, que está en formato de vídeo en Youtube no seguinte enderezo: https://www.youtube.com/watch?v=x6htEQb9kPY

libro

Ademáis a continuación tedes o enlace a unha canción dunha cantante todavía non moi coñecida pero que creemos que vos gustará tanto pola letra como pola música:

https://www.youtube.com/watch?v=__ELnvgdtxE

Durante este día haberá diferentes actividades no colexio das que vos informaremos na web do colexio, actividades nas que intentaremos concienciar a nenos e adultos deste problema social.

E propoñémosvos traballar tamén dende casa esta problemática e propoñémosvos un reto.

Un reto no que tedes que mandar ó correo do colexio (ceip.corgo@edu.xunta.gal) unha foto da vosa filla ou do voso fillo facendo unha tarefa da casa (barrer, poñer os pratos...)

Con todas esas imaxes, reflexionaremos no cole sobre a importancia de eliminar prexuízos e estereotipos sexistas.

Animádevos!

 

 

 

 

 

Contacontos: Historia dunha gaivota

Hoxe estivo con nós Luis Sepúlvera de Trécola Producións presentándonos a fábula "Historia dunha gaivota" para dar importancia ao tema da solidariedad, a importancia de protexer aos máis débiles.

 

Samaín - Halloween m Magosto

Menudo día terrorífico vivimos hoxe! Grazas a todo o alumnado e ás familias que colaboraron para que todo estivera ambientado e pola recolleita de castañas. 

Aquí unha mostra con fotos e vídeos.

Vídeo completo

Vídeo das cabazas

 

Día das Bibliotecas 2023

Damos por iniciada a tempada da BIBLIOTECA celebrando este día co préstamos de libros e o terceiro ciclo utilizou o produto de tempada, como son as castañas, para facer con elas, a personaxe do noso conto favorito.

Pica na imaxe para ver o vídeo

Contacontos

Tivemos a sorte de ter con nós un contacontos con música en directo.. 

Grazas ao Concello de O Corgo.

Coñecendo a Francisco Fernández del Riego.

Día das Letras Galegas 2023. Homenaxe a Francisco Fernández del Riego

 

2023 – Día das Letras Galegas

Neste ano 2023 a RAG (Real Academia Galega) homenaxea ao intelectual Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, Lugo, 1913 – Vigo, Pontevedra, 2010).

Escritor, ensaísta, intelectual e político, tamén lembrado como fundador da Editorial Galaxia e presidente da Real Academia Galega entre os anos 1997 e 2001.

Francisco Fernández del Riego pertenceu á xeración de intelectuais xurdidos ao redor do grupo Nós. Entre os seus libros destacan ensaios como «Historia da literatura galega», «Galicia no espello» ou «A xeración Galaxia».

No vídeo que temos a continuación afondamos un pouco no coñecemento deste persoaxe tan importante na defensa da Lingua Galega.

Día da muller

Puxémoslles ÁS  a toda a comunidade educativa para conmemorar o Día da Muller para que todas podamos voar libres e sen complexos. PICADE NO VÍDEO

Día de Rosalía

 

 

Día da Lingua Materna

  

Chega o ENTROIDO.

 

Vaiámonos preparando, que chega o ENTROIDO! Aquí as mandas do meco...

Contacontos

Grazas a participación  no XXI Concurso de relato tíralle da Lingua recibimos unha  unha sesión de contos realizada polo contador Celso Sanmartín.

 

Magosto 2022

Celebramos o magosto. Vídeo máis abaixo

Dia europeo das Linguas

"Amemos e respectemos todas as linguas"

26 de Setembro

Nós tamén creamos: participación no concurso de creación de vídeos coa técnica stop-motion.

Dende o Equipo de Normalización Lingüística propuxemos ó comezo de curso a participación no programa Nós tamén creamos ! elaborando unha curtametraxe de animación en galego coa técnica stop motion  cunha duración máxima de 5 minutos que se levou a cabo coa particpación do alumnado de 4º curso de primaria e a axuda da súa titora, Alba e de Manuel, o coordinador de equipo de normalización.

O resultado foi o seguinte vídeo, no que os alumnos elaboraron tanto os muñecos que nel aparecen como os escenarios para producir este pequeno vídeo sobre o libro "O camiño", no que particpamos nun concurso sobre esta técnica audiovisual onde concursan centros de toda Galicia.

 

Día das Letras Galegas 2022

LETRA GALEGAS 2022.

O vindeiro 17 de maio celebraremos o Día das Letras Galegas que neste ano está adicado a Florencio Manuel Delgado Gurriarán.

Obra poética de Florencio Delgado Gurriarán (EDICIÓN LITERARIA - XERAIS  CLÁSICOS) : Pena, Xosé Ramón: Libros - Amazon Florencio Delgado: por el galleguismo desde el otro lado del Atlántico
   

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) acaba de abrir un novo espazo dedicado a Florencio Manuel Delgado Gurriarán, o escritor que será homenaxeo dado o 17 de maio. Alén da súa biografía, tedes á vosa disposición diversos recursos dos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG): https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas.
 
Neste mesmo sitio atoparedes a versión dixital dos carteis e guías didácticas das exposicións do Concurso das Letras Galegas 2022 da SXPL.

Ademais, a SXPL e o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) están organizando as Xornadas das Letras Galegas 2022, que se desenvolverán virtualmente os días 28 de abril e 4, 5 e 11 de maio. Está aberta a inscrición en: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/.

 

Saída para coñecer o noso patrimonio

O Concello do Corgo, en colaboración coa Diocese de Lugo, e a través do Proxecto CORGORAL, está a promover o Programa “Coñece o teu patrimonio”.

De entre todas as manifestacións artísticas que atesouran as nosas parroquias escollemos dúas que poden servir de exemplo para comprendermos mellor o patrimonio cultural material e inmaterial corgués: o belén da igrexa de San Martiño de Folgosa e as pinturas murais do templo románico de Santalla do Alto.

 

https://www.concellodocorgo.com/

 https://www.diocesisdelugo.org/

 

 https://www.concellodocorgo.com/index.php/corgoral/proxecto-corgoral.html

Día de ROSALÍA

O alumnado de Infantil e primaria celebrou o Día de Rosalía cantando e recitando poemas propios da autora.
 Esperemos que vos guste.
                                                                       

Para rematar a conmemoración do Día de Rosalía, os nenos e nenas do Ceip Plurilingüe de O Corgo recitaron uns fermosos versos de distintos poemas da autora, tal e como podedes ver a continuación:

Día das Artes Galegas

Con motivo da conmemoración do 1 de abril, Día das Artes Galegas 2023, o profesorado de sete centros coruñeses elaborou este completísimo material para dar a coñecer entre o alumnado de primaria a figura e o legado do autor homenaxeado este ano, o trobador Martín Códax.

ENLACE 

Unidade didáctica

Día das Artes Galegas 2023 (Martín Códax)

Día de Rosalía Parte II

Para rematar a conmemoración do Día de Rosalía, os nenos e nenas do Ceip Plurilingüe de O Corgo recitaron uns fermosos versos de distintos poemas da autora, tal e como podedes ver a continuación:

Día de Rosalía de Castro

 

Para celebrar o día de Rosalía de Castro, que este ano por primeira vez farase o día 23, en vez do 24, xa que as últimas investigacións indican que en realidade a nosa escritora nacéu ese día, propóñennos dende a coordinación de Equipos de Normalización, as seguintes actividades:

Magosto - Samaín - Halloween 2021

Festa de outono

CIENCIA EN GALEGO

Desde que,ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia. En consonancia con isto, desde hai once anos o profesorado de Galicia comezou a celebrar en novembro o Mes da Ciencia en Galego. O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.

COMPARTIMOS CON VÓS UNS RECURSOS QUE ESPEREMOS DISFRUTEDES EN FAMILIA

XOGUETES TRADICIONAIS

AS CABAZAS DO SAMAÍN DO CORGO 2020

 

Distribuir contido


by Dr. Radut