Skip to Content

Pista multideportiva

Co bon tempo, todos contentos!

Gozando da nova pista deportiva. 

Actuación de Migallas

Para conmemorar o día do Libro, que este ano coincídenos en domingo, tivemos a sorte de contar no noso centro co grupo MIGALLAS. 

Contáron contos sobre diferentes mulleres as cales "Pintaban moito".

Todo o centro gozou do espectáculo. 

Visita da Garda Civil

Contamos coa visita da DXT e a Garda Civil para afondar nas diferentes competencias da Seguridade Vial mediante unha charla dirixida a todo o alumnado do centro realizando diferentes actividades lúdicas.

Easter Egg Hunt

A tradición máis popular estes días en Inglaterra é o “EasterEgg Hunt” ou caza de ovos de Pascua. En moitos lugares do país, escóndense ovos de chocolate en parques e xardíns para que os nenos atópenos.

Aquí a nosa CARREIRA DE OVOS! de INFANTIL e PRIMARIA

 

 

Saída de ruta, Rocódromo e Gadis

O alumnado de terceiro a sexto gozaron dunha saída ben animada, realizaron unha ruta polo paseo do Miño, visitaron o Gadis para coñecer a mellor forma de alimentación e visitaron o rocódromo onde puideron practicar a escalada coa axuda dos monitores. 

 

Visita do Club Deportivo Lugo

O Club Deportivo Lugo visitounos. O xogador Alex Pérez, defensa central, contestou a todas as preguntas que lle fixeron e contou diferentes anécdotas.

De regalo unhas entradas  para o partido de este domingo.

 

Happy Saint Patrick´s Day!

Celebramos o Día de San Patricio , esta finde todo vese verde!

Admisión alumnado curso 2023-2024


  • Datas: Do 1 ao 20 de marzo de 2023, ambos inclusive, estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para alumnado de nova incorporación ao centro.
  • Vacantes curso 2023-2024 e prazos (documento adxunto).
  • É necesario cumprimentar o anexo II (documento adxunto) e asinar ambos proxenitores a solicitude e a comprobación de datos. Asemade, hai que entregar unha fotocopia do libro de familia con todos os membros.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O noso centro

 

Volta ao cole!

7/9/22- Instrucións conxuntas ao respecto das recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023 (Pica no enlace)

 

Segundo a Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. as actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e de formación profesional realizaranse desde o día 8 de setembro de 2022 ata o 21 de xuño de 2023, ambos inclusive.

 
 

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2022-2023

PUBLICAMOS A LISTAXE DE LIBROS PARA O VINDEIRO CURSO, COA RECOMENDACIÓN DE QUE NON OS MERQUEDES ATA FALAR COAS TITORAS OU TITORES .

PRESENTACIÓN DO NOSO COLEXIO

BO NADAL

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA 2021

Adaptando ao galego o tema "A porta Violeta" de Rozalén quixemos expresar un sentimento mutuo. A NON VIOLENCIA tanto en homes, mulleres e nenos. Loitamos para a igualdade entre todos. 

ATA PRONTO!

 

Estimadas familias,

Hoxe rematamos un curso que empezamos cheos de incertidume pola situación sanitaria, pero que afortunadamente salvamos polas boas prácticas que mantivemos nós,  vós e sobre todo as nenas e nenos que, aínda que noviños, amosaron un sentido da responsabilidade extraordinario.

14 DE XUÑO: DÍA DA LINGUA DE SIGNOS

O 14 de xuño celébrase o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, un acto adoptado en 2015 polo Consello de Ministros en conmemoración da constitución, en 1936, da Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE), cuxo obxectivo é compartir e promover a difusión da lingua de signos española.

Para celebralo os rapaces e rapaza de 5º signaron para todas as clases un conto titulado A qué sabe la luna?

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2021-2022

Todas as solicitudes presentadas para o curso 2021/22 foron admitidas.

As listas están expostas no taboleiro do cento.

A matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2021-2022

Todas as solicitudes presentadas para o curso 2021/22 foron admitidas.

Pódense consultar as listas expostas no centro. 

Na semana do 10 ao 15 de maio publicaranse as listaxes definitivas.

PORTAS ABERTAS VIRTUAIS

Con esta presentación pretendemos que coñezades un pouquiño o noso colexio.

https://view.genial.ly/603e8c32dcea3f0d0fe43543/presentation-portas-abertas

OFERTA DE POSTOS ESCOLARES VACANTES PARA O CURSO 2021/2022

2021

Comeza o novo ano , por certo Ano Xacobeo , seguiremos coas medidas anti-covid 19 e se todo segue o seu curso vacinarémonos. Ánimo !

Rematamos o trimestre

Queridas familias,

Han pasado tres meses y medio desde que comenzamos con un motón de incertidumbres, de cambios, de protocolos y cuidados por causa de la pandemia que nos afecta, este trimestre que termina.

A NOSA FELICITACIÓN DO NADAL

AS NENAS, NENOS E TODO O PROFESORADO DO COLEXIO DESEXÁMOSVOS UN FELIZ NADAL E UN SANÍSIMO 2021!

A NOSA FELICITACIÓN DO NADAL

Distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria

 

 

GRACIAS

protocolo covid

Visita do Conservatorio Profesional de Música de Lugo

Esta semana tivemos a visita dunhas profesoras do CMUS de Lugo, para ensinarnos algúns dos moitos innstrumentos que imparten no centro. Por aquí deixamos algunha mostra.

 

Día de Rosalía Parte II

Para rematar a conmemoración do Día de Rosalía, os nenos e nenas do Ceip Plurilingüe de O Corgo recitaron uns fermosos versos de distintos poemas da autora, tal e como podedes ver a continuación:

Distribuir contido


by Dr. Radut