Skip to Content

Apertura do prazo para a reserva de praza no IES Sanxillao o vindeiro curso 2024-2025

Ábrese o proceso de reserva de praza para o alumnado de 6º de primaria matriculado no presente curso no C.E.I.P.  Plurilingüe O Corgo e que, no vindeiro curso, pretende continuar os estudos no “IES Sanxillao” (Lugo), o noso centro de adscrición.

O prazo de presentación de solicitudes é do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro

Cómo se realiza a reserva de praza?

  • De xeito manual empregando o formulario que se envía en papel
  • De xeito telemático, a través da aplicación de admisiónalumnado                                       (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) no menú Solicitudes> Reserva>Crear.

Cómo e onde se presentan as solicitudes?

Presencialmente no noso CEIP ou pola Sede Electrónica coa chave365 ou certificado dixital.

Lexislación aplicable: 

· Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

· Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

AdxuntoTamaño
ED550A-G.pdf1.23 MB


page | by Dr. Radut