Skip to Content

EMERXENCIA UCRAÍNA

EMERXENCIA UCRAÍNA

Nunha semana, máis dun millón de persoas fuxiron de Ucraína e máis de outro millón están desprazados dentro do país debido o deteriodo da situación e polas accións militares levadas a cabo por Rusia neste país.

Dado que a situación e cada vez máis inestable, delicada e imprevisible e que se está a dar nun país veciño, den de a ANPA DO CEIP O CORGO, estamos a pór en marcha unha iniciativa para recoller cousas de primeira necesidade para os refuxiados de UCRAÍNA.

Precisamos principalmente o seguinte:

- Medicamentos; Paracetamol (apiretal...), ibuprofeno (Dalsy...), betadine, alcol, calmantes, vendas, tiritas...

- Roupa; prendas de roupa de abrigo para os nenos e nenas (mantas, polares, cazadoras...) así como calzado en bo estado.

- Alimentos; leite en po para bebés, potitos, biberóns, chupetes, pañais...

 

Deixade todo o que poidades na entrada do CEIP DO Corgo, onde haberá unha caixa para depositar a vosa axuda.

Para calquer dúbida sobre a iniciativa podedes contactar con nós a través do e-mail darioferreiro@gmail.com ou no teléfono: 678432818

 

MOITAS GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN



page | by Dr. Radut