Skip to Content

Responder ó comentario

Día das Escritoras 2022

O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
 
 Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A VII Edición celébrase este ano 2022  o 17 de outubro baixo o lema “Antes, durante e despois das guerras”, comisariada pola escritora Carmen Domingo
 
Animamos a toda a comunidade educativa a participar nesta actividade que visbilizaremos a través desta páxina e nas redes sociais. #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras 
 
 
"Houbo unha vez unha guerra.
       Despois da guerra, quedamos sen casa.
       -Non importa -dixo miña nai-. Temos un coche.
       Fomos vivir ao coche.
       Desde entón, vivir era viaxar." 
 
Paula Carballeira. O principio. (Kalandraka, 2012)

Responder



by Dr. Radut