Skip to Content

Responder ó comentario

Plan Proxecta

 

Plan Proxecta+ (Curso 2022/23)

O Plan Proxecta+ é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional y Universidades en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que fomenten o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial pero que ademais estean comprometidos coa consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030.

O programa abarca diversas temáticas vencelladas aos mencionados obxectivos: igualdade e educación afectivo-sexual, movilidade sostible, educación patrimonial, hábitos de vida saudables (alimentación e vida activa e deportiva), desenvolvemento sostible e concienciación medioambiental, ciudadanía mundial, etc. Para conseguir acadar os obxectivos plantexados, este plan promove a realización de proxectos interdisciplinarios que fomenten o papel activo do alumnado ante os desafíos sociais, económicos e medioambientais da sociedade actual e do futuro e poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega.

Este curso participamos

  • Proxectos de Vida Activa e Deportiva - PVAD (curso 2022/23) - Modalidade: Máis e mellor actividade física (MMAF)

 

  • Donas de si

Responder



by Dr. Radut