Skip to Content

blogue deManuel

Días das Letras Galegas 2024.

Día das letras galegas: honrando á literatura e cultura galega.

Este 17 de maio de 2024 celebraremos, como todos os anos, o día das Letras Galegas.

A escritora homenaxeada neste día e a Lingüísta e violinista Luísa Villalta Gómez.

Descobre quen foi Luísa Villalta, a artista que será a homenaxeada este 2024 polo Día das Letras Galegas
 
Como cada ano, achégase o Día das Letras Galegas, un evento instituido en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear aos distintos artistas que achegasen ao patrimonio da lingua galega, principalmente, no campo da literatura.
 
Este ano 2024, a homenaxeada é Luísa Villalta, é a sexta muller en ser homenaxeada durante dende a súa institución.
   
Luísa Villalta Gómez foi coñecida polos seus grandes dotes artísticos, as cales levaron a explorar diferentes campos. Foi escritora, filóloga e violinista.
 
Nacida na Coruña no ano 1957 e falecida en 2004, foi elixida este ano para ser homenaxeada pola RAG, proposta pola escritora e académica Ana Romaní e apoiada por Chus Pato, Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey, Margarita Ledo Andión, Manuel Rivas, María López Sández, Eulogio R. Ruibal, Dolores Sánchez Palomino e Manuel González González.
 
Ao longo da súa vida escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, artigo e tradución. Da súa obra, a RAG destaca que "foi unha creadora dunha obra única e sólida que a converteu nunha das grandes figuras da literatura galega xurdida na segunda metade dos anos 80 e principios dos 90".
 
Escoito a voz que me silencia: comezo a expresar ou necesario.
 
A música foi unha das ocupacións principais de Luísa, obxecto dos primeiros artigos e o foco de moitas das reflexións de ensaio publicadas posteriormente. Estes anos dedicados á música marcan acentuadamente o trazo significativo da súa poesía, ademais de ser base na articulación da súa obra literaria.
 
Durante a madrugada do 6 de mazo de 2004, faleceu de meninxite na súa casa, mentres durmía. Cunha axenda chea de eventos, a morte chegoulle á escritora, sendo todos nos que ela participaba ou asistía, anulados.
 
Unha despedida chea de personalidades do mundo da literatura foi protagonizada pola música dun violín, que lembraba unha das paixóns de Luísa. Os seus restos mortais repousan no cemiterio de Santo Amaro na cidade herculina.

 

 

 

 

 

Chegou o Entroido.

Orixe

O entroido é unha das festas máis antigas que se celebra en toda Europa. A súa orixe está nas celebracións das tarefas agrarias e a chegada da primavera, pero ten elementos de orixe romana, cristiá e medieval.

En Galicia ten moita tradición e moitos nomes: Entroido, Antroido, Intruido, Entruido, Entrudo e Entroiro. Todos teñen a súa orixe no termo latino introitus, que significa entrada e que sinala a entrada nunha nova estación, a primavera. Tamén se chama carnaval. Para os cristiáns esta festa significa a despedida da carne antes de empezar a abstinencia da Coresma.

O Entroido é unha época de festa e moita diversión no que o máis importante é disfrazarse e pasalo ben.

 

O 25 de novembro conmemoramos o Día contra a Violencia de Xénero.

Día contra a Violencia de Xénero.

O 25 de novembro conmemoramos o Día contra a Violencia de Xénero e para conmemorar esta data realizaranse diferentes actividades no centro. Dende o Equipo de Normalización propoñémosvos un par de actividades para realizar neste día.

 Por unha banda podedes ver a lectura do libro O libro dos Porcos, que está en formato de vídeo en Youtube no seguinte enderezo: https://www.youtube.com/watch?v=x6htEQb9kPY

libro

Ademáis a continuación tedes o enlace a unha canción dunha cantante todavía non moi coñecida pero que creemos que vos gustará tanto pola letra como pola música:

https://www.youtube.com/watch?v=__ELnvgdtxE

Durante este día haberá diferentes actividades no colexio das que vos informaremos na web do colexio, actividades nas que intentaremos concienciar a nenos e adultos deste problema social.

E propoñémosvos traballar tamén dende casa esta problemática e propoñémosvos un reto.

Un reto no que tedes que mandar ó correo do colexio (ceip.corgo@edu.xunta.gal) unha foto da vosa filla ou do voso fillo facendo unha tarefa da casa (barrer, poñer os pratos...)

Con todas esas imaxes, reflexionaremos no cole sobre a importancia de eliminar prexuízos e estereotipos sexistas.

Animádevos!

 

 

 

 

 

Coñecendo a Francisco Fernández del Riego.

Día das Letras Galegas 2023. Homenaxe a Francisco Fernández del Riego

 

2023 – Día das Letras Galegas

Neste ano 2023 a RAG (Real Academia Galega) homenaxea ao intelectual Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, Lugo, 1913 – Vigo, Pontevedra, 2010).

Escritor, ensaísta, intelectual e político, tamén lembrado como fundador da Editorial Galaxia e presidente da Real Academia Galega entre os anos 1997 e 2001.

Francisco Fernández del Riego pertenceu á xeración de intelectuais xurdidos ao redor do grupo Nós. Entre os seus libros destacan ensaios como «Historia da literatura galega», «Galicia no espello» ou «A xeración Galaxia».

No vídeo que temos a continuación afondamos un pouco no coñecemento deste persoaxe tan importante na defensa da Lingua Galega.

Distribuir contido


by Dr. Radut