Skip to Content

Taboleiro

Día das bibliotecas

Hoxe, 24 de outubro, celebramos no cole o día das bibliotecas. Busca de tesouros, contacontos, invención de contos...pasámolo pipa!

Día das Escritoras 2022

O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
 
 Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A VII Edición celébrase este ano 2022  o 17 de outubro baixo o lema “Antes, durante e despois das guerras”, comisariada pola escritora Carmen Domingo
 
Animamos a toda a comunidade educativa a participar nesta actividade que visbilizaremos a través desta páxina e nas redes sociais. #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras 
 
 
"Houbo unha vez unha guerra.
       Despois da guerra, quedamos sen casa.
       -Non importa -dixo miña nai-. Temos un coche.
       Fomos vivir ao coche.
       Desde entón, vivir era viaxar." 
 
Paula Carballeira. O principio. (Kalandraka, 2012)

Dia europeo das Linguas

"Amemos e respectemos todas as linguas"

26 de Setembro

FIN DE CURSO XUÑO 2022

FELICES VACACIÓNS

Kamishibai - La bruja pimienta

El alumnado de 4º de primaria, con la ayuda de Bea, preparó un kamishibai para todos los niños y niñas del centro.

Saída ao Club Fluvial

Gran día que pasamos hoxe no Fluvial de Lugo! 
 

A nosa horta

 XA NON QUEDA NADA PARA RECOLLER O SEMENTADO
TEMOS BOA MAN.. :)
 
 

Día Nacional da Lingua de Signos

O alumnado  de 5º de Primaria conmemorou o Día Nacional da Lingua de Signos

 

Saída a Avifauna

Hoxe, o alumnado de Infantil e e 1º e 2º de Primaria foron de excursión a Avifauna, parque ornitolóxico. Puideron acercarse e coñecer as diferentes aves.  Viñeron encantados!

 

 

O camiño

O alumnado de 4º de Educación Primaria participou no Proxecto "Nós tamén creamos" onde elaboraron a representación e adaptación do conto O camiño.

 

Cambio de horario de xuño e setembro

01/06/2022 01:42
Europe/Madrid

Aprezadas familias:

Recordarvos, que dende o 1 de xuño o horario cambia, polo que os autobuses recollerán ao alumnado sobre as 14:50.

Letras Galegas e Maios 2022

Neste día solleiro celebramos os Maios, dende Infantil  a Primaria. Ademais celebramos o día das Letras Galegas cunha adaptación duns versos do conmemorado Forencio Delgado Gurriarán.

Tamén realizamos o baile tradicional coa melodía de Terra, das Tanxugueiras.

Nenos, nenas                                                                      Nenos, nenas

vinde á pandeirada                                                              vinde á pandeirada

tocar co adufe                                                                     batendo co adufe

as fereñas da risada.                                                            e tocando no noso peito.

 

 

SEMANA do libro 23-4-22

O alumnado do centro realizaron diferentes actividades ao longo desta semana para conmemorar o día do libro.

Creamos marcapáxinas, fixemos contacontos, visualizamos contos musicais e representamos contos.

 

 

 

 

 

 

  http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcorgo/?q=system/files/20220427_1401... _

 

 

 

 

 

 

dia del libro

 

make action GIFs like this at MakeaGif

Saída para coñecer o noso patrimonio

O Concello do Corgo, en colaboración coa Diocese de Lugo, e a través do Proxecto CORGORAL, está a promover o Programa “Coñece o teu patrimonio”.

De entre todas as manifestacións artísticas que atesouran as nosas parroquias escollemos dúas que poden servir de exemplo para comprendermos mellor o patrimonio cultural material e inmaterial corgués: o belén da igrexa de San Martiño de Folgosa e as pinturas murais do templo románico de Santalla do Alto.

 

https://www.concellodocorgo.com/

 https://www.diocesisdelugo.org/

 

 https://www.concellodocorgo.com/index.php/corgoral/proxecto-corgoral.html

Chega a primavera

Mural feito polo alumnado de 3 anos
 
With these 5th and 6th of primary pupils´creations, we want to welcome SPRING!
Con estas creacións do alumnado de 5º e 6º de primaria, queremos dar a benvida á PRIMAVERA!
 
 
 
 
 
 

Chega a PRIMAVERA- Mamá Cabra

Día da Muller

O alumnado de Infantil e Primaria conmemorou o Día Internacional da Muller.

Durante estes días investigaron sobre mulleres pioneiras que cambiaron o mundo.

Picade aquí e aquí para ver

Entroido 2022

Aquí tedes adxuntadas unhas fotos en mostra do ben que o pasamos celebrando o Entroido. 

Vémonos o xoves 3 de marzo!

 

Día de ROSALÍA

O alumnado de Infantil e primaria celebrou o Día de Rosalía cantando e recitando poemas propios da autora.
 Esperemos que vos guste.
                                                                       

Para rematar a conmemoración do Día de Rosalía, os nenos e nenas do Ceip Plurilingüe de O Corgo recitaron uns fermosos versos de distintos poemas da autora, tal e como podedes ver a continuación:

Día da Paz no cole

Pinchade na foto  para ver coma foi:

 

 

Charlas dentro do Plan Director

Esta semana, o alumnado de 5º e 6º, tivemos a sorte de contar con dous traballadores da Garda Civil que nos viñeron dan unhas charlas, dentro do programa Plan Director, sobre o acoso escolar, bullying, o coidado das redes sociais a violencia en internet. 

INICIO 2º TRIMESTRE 9:30

08/01/2024 09:06
Europe/Madrid

Obradoiro EDUSostibilidade

Hoxe volveron a visitarnos  para traballar no obradoiro de Sostabilidade . Continuaremos a próxima semana.

Visita de la Guardia Pretoriana

Hoxe tivemos a visita de Iván, que en representación da Guardia Pretoriana explicounos os diferentes utensilios que utilizaban na época romana os romanos. 

Tutorial de acceso Aula Virtual

Páxina Web do Ceip do Corgo

 Alumn@s tedes aquí un enlace a un pequeno titorial para que saibades que tedes nesta páxina web e dónde tedes que clicar para ver as vosas actividades

https://drive.google.com/open?id=10D-tdiyKzsXO_AxdikrjUbHCjxXhGS9u

 

Distribuir contido


by Dr. Radut