Skip to Content

blogue deJana

Dia Universal dos dereitos do neno

Hoxe estades de celebración, chicos/as!!!! É o voso día. Unha conmemoración que pretende forxar un mellor futuro para vós e recoñer ás persoas e profesionais que traballan en favor vosa. Para celebralo, compártovos este rap, en galego, titulado "Os dereitos dos nenos".

https://youtu.be/XYDYHE_YTuc

Magosto 2022

Celebramos o magosto. Vídeo máis abaixo

The topic is Halloween.

Arts and crafts in primary. The topic is Halloween. Well done!!!

I SEE A .... SURPRISE!

Sana el Hoy

Recibimos unha das primeiras charlas sobre nutrición con Mireya Castiñeiras

Chega o Samaín! Halloween is coming!

 

 

 

 

Día das bibliotecas

Hoxe, 24 de outubro, celebramos no cole o día das bibliotecas. Busca de tesouros, contacontos, invención de contos...pasámolo pipa!

O noso centro

 

Día das Escritoras 2022

O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
 
 Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A VII Edición celébrase este ano 2022  o 17 de outubro baixo o lema “Antes, durante e despois das guerras”, comisariada pola escritora Carmen Domingo
 
Animamos a toda a comunidade educativa a participar nesta actividade que visbilizaremos a través desta páxina e nas redes sociais. #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras 
 
 
"Houbo unha vez unha guerra.
       Despois da guerra, quedamos sen casa.
       -Non importa -dixo miña nai-. Temos un coche.
       Fomos vivir ao coche.
       Desde entón, vivir era viaxar." 
 
Paula Carballeira. O principio. (Kalandraka, 2012)

Actividades extraescolares 2022-2023

Pica NESTE ENLACE para obter o PDF das actividades programadas dende a ANPA do CEIP Plurilingüe O Corgo

Dia europeo das Linguas

"Amemos e respectemos todas as linguas"

26 de Setembro

PLANS DE FORMACIÓN PERMANENTE DO PROFESORADO - CURSO 2022-2023

No curso 2022-2023 solicitamos realizar no centro os cursos e seminarios que a continuación se relacionan dentro do Plan de Formación do Profesorado:

  •  Elaboración de programacións coa aplicación irformática PROENS para Infantil e Primaria.
  • Autismo, interacción, comunicación y regulación. 
  • Implantación do Plan dixital do centro e creación de contidos

Plan Proxecta

 

Plan Proxecta+ (Curso 2022/23)

O Plan Proxecta+ é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional y Universidades en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que fomenten o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial pero que ademais estean comprometidos coa consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030.

O programa abarca diversas temáticas vencelladas aos mencionados obxectivos: igualdade e educación afectivo-sexual, movilidade sostible, educación patrimonial, hábitos de vida saudables (alimentación e vida activa e deportiva), desenvolvemento sostible e concienciación medioambiental, ciudadanía mundial, etc. Para conseguir acadar os obxectivos plantexados, este plan promove a realización de proxectos interdisciplinarios que fomenten o papel activo do alumnado ante os desafíos sociais, económicos e medioambientais da sociedade actual e do futuro e poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega.

Este curso participamos

  • Proxectos de Vida Activa e Deportiva - PVAD (curso 2022/23) - Modalidade: Máis e mellor actividade física (MMAF)

 

  • Donas de si

Volta ao cole!

7/9/22- Instrucións conxuntas ao respecto das recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023 (Pica no enlace)

 

Segundo a Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. as actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e de formación profesional realizaranse desde o día 8 de setembro de 2022 ata o 21 de xuño de 2023, ambos inclusive.

 
 

Charlas dentro do Plan Director

Esta semana, o alumnado de 5º e 6º, tivemos a sorte de contar con dous traballadores da Garda Civil que nos viñeron dan unhas charlas, dentro do programa Plan Director, sobre o acoso escolar, bullying, o coidado das redes sociais a violencia en internet. 

Festival Nadal 2023

Día de Rosalía

O alumnado de Primaria musicalizou un poema de Rosalía de Castro, Has de cantar, para conmemorar o seu día.

Esperemos que vos guste.

 

PREME AQUÍ 

Magosto - Samaín - Halloween 2021

Festa de outono

Distribuir contido


by Dr. Radut