Skip to Content

Actividades complementarias e extraescolares

SAMAÍN-MAGOSTO 29-10-2021

                      

O venres 29-20-2021 gozamos dunha festa terrorífica e á vez tradicional, xa que celebramos o Samaín e o Magosto; para conmemoralas fixemos varias cousas: o primeiro foi vir disfrazados dando moito medo e o segundo foi realizar uns xogos populares e comer as tradicionais castañas.

Ao longo da semana fomos decorando o centro e a partir do mércores comezamos a traer cabazas para participar no Concurso de Cabazas, nas categorías de terrorífica e orixinal; os gañadores do concurso foron:

EDUCACIÓN INFANTIL:

CABAZA MÁIS ORIXINAL: LOLA. (6ºEI)

    

 

CABAZA MÁIS TERRORÍFICA: CARMEN. (6º EI)

  

 

EDUCACIÓN PRIMARIA:

CABAZA MÁIS ORIXINAL: ESTEFANÍA (4º EP)

  

 

Día do libro

Conmemoramos o Día do Libro ( 23 de abril ) elaborando e decorando marcapáxinas en todas as aulas. Preme no gráfico para poder velos.

                                                           

Entroido 2021

         A semana do 8 ao 12 de febreiro celebramos o Entroido deste ano . Preme na imaxe para ver un vídeo sobre as actividades realizadas.

Día da Paz 2021

 Durante  a  semana  do 25 ao 29 de  xaneiro  conmemoramos  o   Día  da  Paz  con diferentes carteis en todas as aulas.

     Preme  no gráfico  para poder velos .

Nadal 2020

Estimadas familias:

Aquí tedes unha  felicitación dixital mediante un  crisma  colectivo. Para vela, premede na imaxe.

 

Premede aquí para ver as actuacións de infantil e primaria.

Día do libro

Bos días:

Hoxe celebramos o día do libro. Non podemos compartir este día como en anos anteriores,  onde os maiores elexían contos para os máis pequenos. O patio, os corredores enchíanse de recunchos onde se compartían lecturas.

A biblioteca do colexio está esperando a chegada de novo de todos os nenos e nenas cunha chea de novas lecturas.

Hoxe estas lecturas quedan na casa. Vos propoñemos que elixades un libro en familia e compartades a sú lectura. Podedes facer un debuxo de aquel que máis vos guste.

Deixámosvos tamén outras propostas por se vos apetece facer:

Marcapáxinas

Ficha bibliográfica

Túa experiencia como lector/a

RECURSOS

LECTURAS LOQUELEO

COMIC

KALANDRAKA TV: un conto contado cada día (haino en castelán e en galego)

Semana de Rosalía de Castro

    Do 2 ao 6 de Marzo  dedicámoslle a Rosalía de Castro unha parte  de

cada día...

 

Rosalia on Vimeo.

Linguaxe de signos en Cidade Vella

O pasado venres 28 de febreiro levouse a cabo unha actividade de linguaxe de signos no noso colexio, impartida pola FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia).

Por unha banda, o alumnado de infantil recibiu unha sesión de contacontos en linguaxe de signos con intérprete.

Por outra banda, en primaria, desenvolveuse unha actividade de sensibilización a través da proxección da historia El sueño de Pedro e dunha presentación na que se explicaron aspectos da vida cotiá das persoas xordas; aspectos como o tipo de despertador ou timbre que utilizan. Posteriormente, formuláronse preguntas ao alumnado para comprobar os coñecementos adquiridos. Finalmente, aprenderon o abecedario e algunhas palabras básicas en linguaxe de signos.

                                                                                                         

 

Entroido 2020

O pasado venres 21 de febreiro celebrouse no colexio o entroido. Premede na foto para ver as fotos do Photocall que fixemos antes de saír polas rúas da cidade vella...

                                                                     ENTROIDO 2020

Día escolar da paz e da non violencia 2020

O pasado día 30 de xaneiro celebramos no colexio o Día Escolar da Paz e da Non Violencia. Os diferentes cursos de infantil e primaria elaboraron un mural co símbolo da paz e escribiron mensaxes de paz en diferentes pombas. Ademais, baixamos ao patio, formamos o símbolo da paz e cantamos a canción De Festa de Uxía Lambona e a Banda Molona. Esta vez tamén houbo sorpresa final!

Distribuir contido


by Dr. Radut