Skip to Content

SAMAÍN-MAGOSTO 29-10-2021

                      

O venres 29-20-2021 gozamos dunha festa terrorífica e á vez tradicional, xa que celebramos o Samaín e o Magosto; para conmemoralas fixemos varias cousas: o primeiro foi vir disfrazados dando moito medo e o segundo foi realizar uns xogos populares e comer as tradicionais castañas.

Ao longo da semana fomos decorando o centro e a partir do mércores comezamos a traer cabazas para participar no Concurso de Cabazas, nas categorías de terrorífica e orixinal; os gañadores do concurso foron:

EDUCACIÓN INFANTIL:

CABAZA MÁIS ORIXINAL: LOLA. (6ºEI)

    

 

CABAZA MÁIS TERRORÍFICA: CARMEN. (6º EI)

  

 

EDUCACIÓN PRIMARIA:

CABAZA MÁIS ORIXINAL: ESTEFANÍA (4º EP)

  

 

CABAZA MÁIS TERORÍFICA: ÁLVARO (3ºEP)

    

 

O éxito de participación foi rotundo, xa que se presentaron 125 cabazas ao concurso; queremos agradecer a todos/as a súa participación e entusiasmo ao realizar estes fantásticos traballos e para elo contribuímos cun pequeno agasallo dende o centro para todos/as os/as participantes e os/as que non participaron que se animen a próxima vez.

Continuamos a xornada coa realización de varios xogos populares, coma o pano, a mariola, un circuito... respectando os turnos establecidos nos recreos.

Foi unha xornada moi divertida!!

(Lembrade que podedes ver todas as fotos na galería (arriba á dereita) da propia páxina)



page | by Dr. Radut